Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e de construción para a instalación eléctrica que a continuación se describe:
Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A.
Domicilio social: polígono empresarial As Gándaras, parcela U2, rúa Aller Ulloa, nº 9, 27003 Lugo.
Denominación: substitución do CT 746 Area elevador.
Situación: concello de Viveiro.
Características técnicas:
• Liña soterrada de alta tensión 20 kV Viveiro 3, con orixe nunha conversión aérea a soterrada no apoio A95071 e final no CT prefabricado semienterrado proxectado, cunha lonxitude de 30 metros en condutor tipo RHZ1-240 mm.
• Liña soterrada de alta tensión 20 kV Aluminio, con orixe nunha conversión aérea a soterrada no apoio A95071 e final no CT prefabricado semienterrado proxectado, cunha lonxitude de 30 metros en condutor tipo RHZ1-240 mm.
• Liña soterrada de alta tensión 20 kV Espiñeirido 2, con orixe nunha conversión aérea a soterrada no apoio A95071 e final no CT prefabricado semienterrado proxectado, cunha lonxitude de 30 metros en condutor tipo RHZ1-240 mm.
• Centro de transformación prefabricado semienterrado Area elevador telemandado, cunha potencia máxima admisible de 630 kVA e unha potencia inicial de 100 kVA, relación de transformación 20.000/400-230 V, no cal se instalan tres celas de liña e unha de protección.
• Liña soterrada de baixa tensión do CT Area elevador, formada por dous circuítos, con orixe no cadro de baixa do CT Area elevador e final nas RBT existentes, cunha lonxitude de 40 metros en condutor RV-240.
• Desmontaxe do CT Area elevador existente e demolición da caseta de obra civil.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, no Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias, e na Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54, do 19 de marzo), así como na Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, esta xefatura territorial, de acordo coas competencias que resultan do Decreto 135/2017, do 28 de decembro, polo que se crea e establece a estrutura orgánica da consellería, e tendo en conta o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia, resolve:
Conceder a autorización administrativa previa e de construción ás ditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no seu proxecto e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.
O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.
Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente en dereito.
Lugo, 8 de xullo de 2020
Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo