Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Venres, 17 de xullo de 2020 Páx. 28612

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CÉDULA do 1 de xullo de 2020, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifican as resolucións dos expedientes sancionadores incoados por infracción administrativa na orde social (RL 2016/0072-4 e un máis).

Intentada a notificación persoal e devolta polo servizo de Correos ao resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, por esta cédula notifícaselles ás empresas que se relacionan as resolucións ditadas nos expedientes sancionadores correspondentes.

Dispoñen dun prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, para examinaren as resolucións (que non poñen fin á vía administrativa) nas dependencias desta xefatura territorial, Servizo de Emprego e Economía Social, Sección de Sancións, sitas na rúa Concepción Arenal, 8, 2º andar, en Vigo (Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Fáiselles saber ás interesadas que poden formular recurso de alzada, perante a Secretaría Xeral de Emprego, no prazo dun (1) mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, de acordo co previsto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Advírteselles que, de non o interpoñeren no tempo e na forma que procedan, deberán aboar a multa imposta mediante a necesaria utilización dos impresos que poderán solicitar na Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, no número de conta e na entidade bancaria e prazo que se sinala nel, xa que, noutro caso, se incoará o procedemento pola vía de constrinximento ante a Consellería de Facenda.

Expediente: RL 2016/0072-4.

Acta: I362016000010624.

Empresa: Grupo M.G.O., S.A.

Enderezo: Santa Rita, 9, Madrid.

Materia: seguridade e saúde.

Preceptos infrinxidos: artigo 31 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais, e artigo 14 e seguintes do Real decreto 39/1997, do 17 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento dos servizos de prevención.

Preceptos sancionadores: artigos 5.2, 12.22, 39.3.a) e 40 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

Data da resolución: 9.3.2020.

Resolución: multa de 20.490 €.

Expediente: RL 2017/0118-4.

Acta: I362017000020606.

Empresa: Sanxenxo Explotaciones Forestales, S.L.

Enderezo: A Lanzada, 65, O Grove.

Materia: seguridade e saúde.

Preceptos infrinxidos: artigos 15, 16, 18 e 19 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais.

Preceptos sancionadores: artigos 12.1.a), 12.1.b), 12.8, 39 e 40.2.b) do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

Data da resolución: 9.6.2020.

Resolución: multa de 6.138 €.

Vigo, 1 de xullo de 2020

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Vigo