Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Mércores, 15 de xullo de 2020 Páx. 28212

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 252/2018).

Eu, Mariña Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 252/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de José María Iglesias Pampín contra a empresa María Filomena Pérez Rodríguez, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se achega:

«Parte dispositiva.

Acordo:

Alzar o embargo do predio 19275 de Santa Comba, anotación letra B do Rexistro da Propiedade de Negreira, cuxa titular é María Filomena Pérez Rodríguez, que a continuación se describe cos seguintes datos de identificación:

Descrición do predio nº 19275: CRU:15010000787445.

Natureza: urbana: vivenda piso sen anexos.

Localización: lugar Santa Comba, s/n, planta III, porta B, Agra Nova.

Orde propiedade horizontal: 12.

Cota de participación 4 %.

Superficie útil: 45 m2.

– Predio inscrito no tomo 864, libro 179, folio 203, do Rexistro da Propiedade de Negreira; líbrase para iso o correspondente mandamento ao Rexistro da Propiedade de Negreira.

Notifíquese ás partes, facéndolles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas ata que non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que se deberá interpoñer ante quen dita esta resolución, no prazo dos tres (3) días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción que esta contén a xuízo do recorrente, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma a María Filomena Pérez Rodríguez, en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese a destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 26 de xuño de 2020

A letrada da Administración de xustiza