Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Mércores, 15 de xullo de 2020 Páx. 28214

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 9 de xuño de 2020, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se somete a información pública a documentación para a revisión da autorización ambiental integrada outorgada a Avícola de Galicia, S,A.U. para a explotación avícola de polos de ceba situada en Arcos, parroquia de Santo Tomé de Nogueira, concello de Meis (Pontevedra) (expediente 2019-IPPC-M-147).

O artigo 26 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (Boletín Oficial del Estado núm. 316 do 31 de decembro) regula a revisión das autorizacións ambientais integradas.

Os artigos 15 e 16 do Real decreto 815/2013, do 18 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de emisións industriais e de desenvolvemento da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación (Boletín Oficial del Estado núm. 251 do 19 de outubro) regulan o procedemento de revisión das autorizacións ambientais integradas.

Para os efectos previstos no artigo 15.5.a do Real decreto 815/2013 sométese a información pública, durante un período de vinte (20) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, o documento titulado:

– «Documento de revisión de AAI».

Para que calquera interesado poida consultalo e, de ser o caso, presentar dentro do citado prazo as alegacións, suxestións ou observacións que estime convenientes.

O documento estará á disposición dos administrados nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación, en horario de atención ao público (rúa de San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela). Ademais, tamén se poderá consultar na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (http://cmatv.xunta.gal/>>medio ambiente e sostibilidade>>prevención e control de actividades>>autorización ambiental integrada >>proxectos en información pública).

Santiago de Compostela, 9 de xuño de 2020

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático

ANEXO I

Memoria resumo

Expediente: 2019-IPPC-M-147.

Núm. da autorización ambiental integrada: 2006/0403_NAA/IPPC_099.

Categoría principal da actividade: anexo I, grupo 9.3.a.

Titular: Avícola de Galicia, S.A.U.

CIF: A36002236.

Enderezo social: Barragáns, núm. 22, Campañó (Pontevedra.

Localización da instalación: Arcos, parroquia de Santo Tomé de Nogueira, Meis (Pontevedra).

Actividade principal: explotación avícola para engorde de polos.

Descrición: a explotación ten autorización ambiental integrada para 163.207 polos de ceba dispostos en 4 naves. A instalación conta con 9 silos de penso, 2 depósitos de gas propano para abastecer o sistema de calefacción, un grupo electróxeno e 3 almacéns. Ademais, dispón dunha esterqueira situada na propia explotación e doutra esterqueira alugada que garanten o almacenamento do esterco producido en 6 meses.

Verteduras: as augas residuais xeradas nos aseos e baños da instalación son recollidas e conducidas cara a unha fosa séptica (1.100 l), con filtro biolóxico, antes de ser vertidas ao dominio público por infiltración no terreo. As aguas residuais procedentes na limpeza das naves son recollidas en fosas estancas. A instalación dispón dunha fosa (15 m3) por cada nave. Unha vez cheas, as ditas fosas serán baleiradas por xestor autorizado. As augas pluviais verteranse directamente ao terreo.

O esterco xerado no interior das naves será recollido nas esterqueiras por xestor autorizado.