Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Mércores, 15 de xullo de 2020 Páx. 28129

III. Outras disposicións

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 15 de xuño de 2020 pola que se publica o plan de estudos do máster universitario en Psicoloxía do Traballo e as Organizacións e Psicoloxía Xurídico-Forense.

Obtida a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo do informe favorable da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia, así como a autorización da Comunidade Autónoma de Galicia, e establecido o carácter oficial do título por acordo do Consello de Ministros de 29 de novembro de 2019 (publicado no BOE do 17 de decembro de 2019 por Resolución do secretario xeral de universidades do 3 de decembro de 2019).

Esta reitoría, de conformidade co disposto no artigo 35 da Lei orgánica 6/2001, de universidades, na redacción dada pola Lei orgánica 4/2007, resolve publicar o plan de estudos conducente á obtención do título oficial de máster universitario en Psicoloxía do Traballo e as Organizacións e Psicoloxía Xurídico-Forense pola Universidade de Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 15 de xuño de 2020

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO

Máster universitario en Psicoloxía do Traballo e as Organizacións e Psicoloxía Xurídico-Forense

Código RUCT: 4317014.

Rama de coñecemento: Ciencias Sociais e Xurídicas.

Universidades participantes: Universidade de Santiago de Compostela.

Modalidade de impartición: presencial.

Cadro 1. Distribución de créditos ECTS segundo o tipo de materia.

Tipo de materia

Créditos ECTS

Obrigatorias

24

Optativas

24

Traballo fin de máster

12

Créditos totais

60

Cadro 2. Plan de estudos do máster.

Materia

Carácter

Créditos

Curso

Módulo

Comportamento organizacional e recursos humanos

Obrigatorio

6

Materias obrigatorias

Psicoloxía criminal e penitenciaria

Obrigatorio

6

Métodos construtivos de resolución de conflitos

Obrigatorio

6

Métodos de meta-análise e outras técnicas de investigación aplicada

Obrigatorio

6

Metodoloxía avanzada en investigación social

Optativo

6

Psicoloxía do Traballo e as Organizacións

Auditoría de recursos humanos, relacións laborais e modelos de excelencia

Optativo

6

Selección e avaliación de recursos humanos

Optativo

6

Formación e desenvolvemento de recursos humanos e xestión da diversidade nas relacións laborais

Optativo

6

Avaliación de riscos psicosociais e saúde ocupacional

Optativo

6

Análise e avaliación de postos

Optativo

6

Psicoloxía económica

Optativo

3

Psicoloxía dos comportamentos contraprodutivos e desviados no traballo

Optativo

3

Prácticas externas de psicoloxía do traballo, recursos humanos e relacións laborais

Optativo

6

Metodoloxía avanzada en investigación social

Optativo

6

Psicoloxía Xurídica-Forense

Intervención en psicoloxía xurídica e forense

Optativo

6

Psicoloxía xurídica e forense do menor e da familia

Optativo

6

Psicoloxía xurídica e forense no ámbito penal

Optativo

6

Psicoloxía xurídica e forense en los ámbitos civil e social

Optativo

3

Prácticas externas xurídico- forenses

Optativo

9

Traballo fin de máster: Esp. Psicoloxía do Traballo e as Organizacións

Obrigatorio

12

Traballo fin de máster

Traballo fin de máster: Esp. Psicoloxía Xurídica-Forense

Obrigatorio

12

Especialidades:

Este mestrado estrutúrase en dúas especialidades:

– Especialidade en Psicoloxía do Traballo e as Organizacións.

– Especialidade en Psicoloxía Xurídica-Forense.

O alumno/a deberá cursar obrigatoriamente unha das dúas especialidades, para o cal deberá superar 24 créditos optativos do módulo da súa especialidade e realizar un traballo fin de mestrado relacionado con ela.

Tamén pode obter as dúas especialidades. Neste caso deberá superar 24 créditos optativos de cada especialidade e presentar un traballo fin de máster por cada unha delas.