Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Mércores, 15 de xullo de 2020 Páx. 28132

III. Outras disposicións

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 16 de xuño de 2020 pola que se publica a modificación do plan de estudos do máster universitario en Turismo Urbano e Xestión de Empresas Turísticas.

Consonte o disposto nos artigos 26 e 28 do Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro, polo que se establece o procedemento para a modificación de plans de estudos xa verificados, e una vez recibido o informe favorable da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia ás modificacións presentadas a este plan, con data do 11 de xuño de 2018, esta reitoría, de conformidade co disposto no artigo 35 da Lei orgánica 6/2001, de universidades, na redacción dada pola Lei orgánica 4/2007, resolve publicar a modificación do plan de estudos conducente á obtención do título oficial do máster universitario en Turismo Urbano e Xestión de Empresas Turísticas pola Universidade de Santiago de Compostela, que quedará configurado segundo consta no anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 16 de xuño de 2020

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO

Máster universitario en Turismo Urbano e Xestión de Empresas Turísticas

Código RUCT: 4313111.

Rama de coñecemento: ciencias sociais e xurídicas.

Universidades participantes: Universidade de Santiago de Compostela.

Modalidade de impartición: presencial.

Cadro 1. Distribución de créditos ECTS segundo o tipo de materia.

Tipo de materia

Créditos ECTS

Obrigatorias

30

Optativas

18

Traballo fin de máster

12

Créditos totais

60

Cadro 2. Plan de estudos do máster.

Materia

Carácter

Créditos

Curso

Módulo

Fundamentos de finanzas

Optativa

2

Complementos de formación

Fundamentos de contabilidade

Optativa

2

Dirección estratéxica de organizacións turísticas

Obrigatoria

3

Materias obrigatorias

Dirección estratéxica de persoas nas empresas turísticas

Obrigatoria

3

Dirección comercial das empresas turísticas

Obrigatoria

3

Promoción do turismo urbano

Obrigatoria

3

Dirección financeira das empresas turísticas

Obrigatoria

3

TIC aplicadas ao turismo

Obrigatoria

3

Impacto económico do turismo urbano

Obrigatoria

3

Tendencias internacionais en destinos urbanos

Obrigatoria

3

Transporte, mobilidade e xestión dos fluxos turísticos en destinos urbanos

Obrigatoria

3

Xestión do patrimonio urbano: a cidade histórica

Obrigatoria

3

Dereito urbanístico e planeamento turístico

Optativa

3

Optativas xerais

Dereito do traballo e da Seguridade Social en empresas turísticas

Optativa

3

Comportamento do turista urbano

Optativa

3

Dirección de calidade e dos procesos nas empresas turísticas

Optativa

3

Investigación de mercados: análise do turismo urbano

Optativa

3

Márketing dixital

Optativa

3

Metodoloxía de investigación: cartografía aplicada ao turismo

Optativa

3

Optativas vinculadas á orientación investigadora

Metodoloxía de investigación en xestión de empresas turísticas

Optativa

3

Practicas externas

Optativa

9

Prácticas externas

Traballo fin de máster

Obrigatoria

12

Traballo fin de máster

Complementos de formación:

O mestrado inclúe un módulo preparatorio de dúas materias de dous créditos cada unha:

– A materia Fundamentos de finanzas debe ser cursada, como formación previa á realización do máster, por todo o alumnado que non realizase un mínimo de 2 créditos en materias sobre finanzas en titulacións universitarias.

– A materia Fundamentos de contabilidade deberá ser cursada, como formación previa á realización do máster, por todo o alumnado que non realizase un mínimo de 2 créditos en materias sobre contabilidade en titulacións universitarias.

Orientacións:

O/a alumno/a ten que cursar necesariamente unha orientación:

– Orientación profesional: ten que realizar as prácticas externas (9 ECTS).

– Orientación investigadora: debe cursar as materias optativas vinculadas: Metodoloxía de investigación: Cartografía aplicada ao turismo e Metodoloxía de Investigación en xestión de empresas turísticas. Para as outras orientacións estas dúas materias teñen carácter optativo.

– Orientación académica: debe elixir 18 ECTS optativos sen restricións.