Unha vez obtida a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo do informe favorable da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia, así como a autorización da Comunidade Autónoma de Galicia, e establecido o carácter oficial do título por Acordo do Consello de Ministros de 29 de novembro de 2019 (publicado no BOE do 17 de decembro, mediante Resolución da Secretaría Xeral de Universidades do 3 de decembro de 2019).
Esta reitoría, de conformidade co disposto no artigo 35 da Lei orgánica 6/2001, de universidades, na redacción dada pola Lei orgánica 4/2007, resolve publicar o plan de estudos conducente á obtención do título oficial do máster universitario en Técnicas Estatísticas pola Universidade da Coruña, a Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade de Vigo.
Santiago de Compostela, 16 de xuño de 2020
Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela
ANEXO
Máster universitario en Técnicas Estatísticas
Código RUCT: 4316961.
Rama de coñecemento: ciencias.
Universidades participantes: a Universidade da Coruña, a Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade de Vigo.
Modalidade de impartición: presencial.
Cadro 1. Distribución de créditos ECTS segundo o tipo de materia.
Tipo de materia |
Créditos ECTS |
Obrigatorias |
5 |
Optativas |
70 |
Traballo fin de máster |
20 |
Créditos totais |
90 |
Cadro 2. Plan de estudos do máster.
Materia |
Carácter |
Créditos |
Curso |
Módulo |
Análise exploratoria de datos |
Optativa |
5 |
1º |
Itinerario aplicado |
Inferencia estatística |
Optativa |
5 |
1º |
|
Modelos de probabilidade |
Optativa |
5 |
1º |
|
Programación lineal e enteira |
Optativa |
5 |
1º |
|
Modelos de regresión |
Optativa |
5 |
1º |
|
Tecnoloxías de xestión de datos |
Optativa |
5 |
1º |
Itinerario teórico |
Estatística matemática |
Optativa |
5 |
1º |
|
Teoría da probabilidade |
Optativa |
5 |
1º |
|
Programación matemática |
Optativa |
5 |
1º |
|
Regresión xeneralizada e modelos mixtos |
Optativa |
5 |
1º |
|
Métodos non paramétricos |
Obrigatoria |
5 |
1º |
Materia obrigatoria |
Análise multivariante |
Optativa |
5 |
1º |
Materias optativas |
Optimización aplicada |
Optativa |
5 |
1º |
|
Control estatístico da calidade |
Optativa |
5 |
1º |
|
Estatística espacial |
Optativa |
5 |
1º |
|
Regresión non paramétrica e semiparamétrica |
Optativa |
5 |
1º |
|
Análise de supervivencia |
Optativa |
5 |
1º |
|
Introdución á teoría de xogos |
Optativa |
5 |
1º |
|
Mostraxe |
Optativa |
5 |
1º |
|
Procesos estocásticos |
Optativa |
5 |
1º |
|
Redes e planificación |
Optativa |
5 |
1º |
|
Simulación estatística |
Optativa |
5 |
1º |
|
Series de tempo |
Optativa |
5 |
1º |
|
Contrastes de especificación |
Optativa |
5 |
2º |
|
Aprendizaxe estatística |
Optativa |
5 |
2º |
|
Datos funcionais |
Optativa |
5 |
2º |
|
Enxeñaría financeira |
Optativa |
5 |
2º |
|
Xogos cooperativos |
Optativa |
5 |
2º |
|
Modelos interactivos da investigación operativa |
Optativa |
5 |
2º |
|
Técnicas de remostraxe |
Optativa |
5 |
2º |
|
Traballo fin de máster |
Obrigatoria |
15 |
2º |
Traballo fin de máster |
Especialidades:
O plan de estudos do mestrado non prevé especialidades, no entanto, os estudantes deberán elixir entre dous itinerarios diferentes dependendo das súas preferencias:
– Itinerario aplicado.
– Itinerario teórico.
Os estudantes deberanse matricular nun dos dous módulos do itinerario no primeiro semestre. A comisión do título poderá autorizar o intercambio dalgunha materia do itinerario elixido pola correspondente do outro itinerario.