Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Martes, 14 de xullo de 2020 Páx. 28051

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Pontevedra

EDICTO (1142/2017).

Familia, garda, custodia, alimentación de fillo menor non matrimonial non consensuado 1142/2017

Procedemento orixe: V58 familia. Patria potestade 7/2017

Sobre alimentos provisionais

Demandante: Mariella Marjorie Robalino Rugel

Procuradora: Rocío Cochón Castro

Avogada: Ana Isabel Oubiña Santos

Demandado: Mohamed Barkaoui

Neste órgano xudicial tramítase procedemento de familia, garda, custodia, alimentación de fillo menor non matrimonial non consensuado 1142/2017, seguido por instancia de Mariella Marjorie Robalino Rugel contra Mohamed Barkaoui, no cal en data do 16 de xaneiro de 2020 se ditou a seguinte resolución, cuxo encabezamento e parte dispositiva se insire:

«Sentenza 9/20.

En Pontevedra o 16 de xaneiro de 2020.

Vistos por min, María del Mar Felices Esteban, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Pontevedra, os precedentes autos de xuízo de garda, custodia e alimentos, seguidos ante este Xulgado co número 1142/2017, en que é parte demandante, Mariella Marjorie Robalino Rugel, representada pola procuradora Rocío Cochón Castro e asistida da letrada Ana Isabel Oubiña Santos e como parte demandada Mohamed Barkaoui, declarado en rebeldía procesual, con intervención do Ministerio Fiscal».

«Resolución:

Estimo parcialmente a demanda interposta pola procuradora Rocío Cochón Castro, en nome e representación de Mariella Marjorie Robalino Rugel contra Mohamed Barkaoui, en rebeldía procesual, e con intervención do Ministerio Fiscal, e acordo a adopción das seguintes medidas:

1. A filla menor, Mariella Antonieta Barkaoui Robalino, continuará baixo a garda e custodia da nai, Mariella Marjorie Robalino Rugel, á que se atribúe o exercicio exclusivo da patria potestade suspendendo o demandado no exercicio da patria potestade, por un prazo máximo de dous anos que se irán prorrogando automaticamente por períodos de dous anos de forma sucesiva, se o demandado non insta o contrario e acredita en debida forma a súa plena aptitude para o exercicio dos dereitos e deberes inherentes á patria potestade en relación coa súa filla, e sen establecer réxime de visitas.

2. Mohamed Barkaoui deberá aboar en concepto de pensión de alimentos á súa filla Carmen a cantidade de 150 euros ao mes, que deberá ingresar dentro dos cinco primeiros días de cada mes, mediante ingreso na conta corrente designada pola nai. Esta cantidade revalorizarase anualmente á alza na mesma proporción que experimente o índice de prezos de consumo que publica periodicamente o Instituto Nacional de Estatística ou organismo que o substitúa, tomando como base para a actualización o IPC anual do mes de xaneiro de cada ano.

Os gastos extraordinarios necesarios que produza a filla satisfaranse por metade entre ambos os dous proxenitores, e quedarán concretados ao concepto estrito destes, é dicir, gastos necesarios ortopédicos, oftalmolóxicos, médicos ou farmacolóxicos non cubertos pola Seguridade Social, e outros necesarios non periódicos e de tipo imprevisible.

Dada a natureza do presente procedemento non procede realizar pronunciamento en canto ás custas procesuais.

Notifíquese esta resolución en forma legal ás partes e ao Ministerio Fiscal, ás cales se advirte que contra ela cabe recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial de Pontevedra no prazo de vinte días contados desde a súa notificación, que se tramitará polas regras establecidas na Lei de axuizamento civil.

Así por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo, e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Mohamed Barkaoui, en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Pontevedra, 19 de maio de 2020

A letrada da Administración de xustiza