Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Martes, 14 de xullo de 2020 Páx. 28053

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Pontevedra

EDICTO (DCT 427/2018).

Eu, Gema Antolín Pérez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Pontevedra, polo presente anuncio:

No presente procedemento seguido por instancia de Isabel Carmuega Nerga fronte a Rafael Prieto Palacio ditouse Sentenza 389/2019 o 10 de decembro de 2019 e auto de aclaración con data do 2 de marzo de 2020, cuxo encabezamento e parte dispositiva a continuación se insire:

Sentenza.

En Pontevedra o 10 de decembro 2019.

Vistos por min, Mª del Mar Felices Esteban, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Pontevedra, os precedentes autos de xuízo de divorcio, seguidos ante este xulgado co número 427/2018, en que é parte demandante, Isabel Carmuega Nerga, representada pola procuradora María Lucía Costoya Otero e asistida da letrada María del Rosario Garragal Rey, e como parte demandada Rafael Prieto Palacio, declarado en rebeldía procesual.

Resolución.

Estimo parcialmente a demanda presentada a procuradora María Lucía Costoya Otero, en nome e representación de Isabel Carmuega Nerga, contra Rafael Prieto Palacio, en rebeldía procesual, e en consecuencia declaro a disolución por divorcio do matrimonio contraído entre os litigantes o 21 de xuño de 1988, que foi inscrito no tomo 357, páxina 172, da sección 2ª do Rexistro Civil de Barcelona, con todos os efectos legais que a dita declaración comporta. Enténdense revogados definitivamente os poderes e consentimentos que os cónxuxes se tivesen outorgado. Os cónxuxes poderán vivir separados e cesa a presunción de convivencia conxugal.

1. O menor Cristian continuará baixo a garda e custodia da nai, Isabel Carmuega Nerga, á cal se lle atribúe o exercicio exclusivo da patria potestade, mantendo a titularidade conxunta en ambos os proxenitores.

Esta medida terá unha duración de dous anos, prorrogables de forma automática por dous anos, en canto que o demandando Rafael Prieto Palacio non reclame o contrario.

2. Non procede fixar visitas a favor do pai sen prexuízo do seu dereito a reclamalas tan axiña como poida cumprir estas e sempre que se acredite que son en interese do menor.

3. Pensión de alimentos. Rafael Prieto Palacio aboará en concepto de pensión de alimentos a favor do seu fillo Cristian a cantidade de 150 euros mensuais. A dita cantidade incrementaranse co IPC anual e que se ingresará na conta que designe a nai dentro dos cinco primeiros días de cada mes.

Os gastos extraordinarios serán satisfeitos por metades, dentro dos que se inclúen, en todo caso, gastos médicos e farmacéuticos non cubertos polo sistema público. En relación cos gastos extraordinarios exixirá que medie consulta previa do proxenitor custodio ao non custodio sobre conveniencia e/ou necesidade do gasto (salvo supostos excepcionais e urxentes en que iso non sexa posible) e acordo de ambos os dous, de forma expresa antes de facerse o desembolso, ou, na súa falta, autorización xudicial.

Todo iso sen facer expresa imposición das custas.

Firme esta resolución, comuníquese de oficio ao Rexistro Civil de Barcelona.

Notifíquese esta resolución en forma legal ás partes, ás cales se advirte que contra ela cabe recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial de Pontevedra, e que se tramitará polas regras establecidas na Lei de axuizamento civil.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. A anterior resolución foi lida e publicada pola xuíza que a autoriza, en audiencia pública, lugar e data nesta indicados. Dou fe.

Auto.

En Pontevedra o 2 de marzo de 2020.

Visto por María del Mar Felices Esteban, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Pontevedra, o estado que presentan estas de divorcio contencioso 427/2018 e sobre a base dos seguintes:

Antecedentes de feito.

Único. A representación procesual de Isabel Carmuega Nerga solicitou a aclaración da sentenza ditada o 10 de decembro de 2019, nos termos concretados no seu escrito de data de entrada 16 de decembro de 2019.

Dado traslado oportuno ao Ministerio Fiscal, quedaron as presentes pendentes de resolver.

Parte dispositiva.

Dispoño suplir a omisión da sentenza do 10 de decembro de 2019, que no ditame da devandita resolución, número 1), onde se facía constar:

«Esta medida terá unha duración de dous anos, prorrogables de forma automática por dous anos, en canto que o demandado Rafael Prieto Palacio non reclame o contrario».

Farase constar: «Esta medida terá unha duración de dous anos, prorrogables de forma automática e sucesiva por prazo de dous anos, en canto que o demandado Rafael Prieto Palacio non reclame o contrario».

Notifíquese a presente resolución ás partes e advírtaselles que contra esta non cabe interpoñer recurso ningún.

Así, por este auto, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Dilixencia. Seguidamente cúmprese o acordado, dou fe.

E encontrándose o devandito demandado, Rafael Prieto Palacio, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Pontevedra, 17 de xuño de 2020

A letrada da Administración de xustiza