Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Luns, 13 de xullo de 2020 Páx. 27808

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 9 de xullo de 2020 pola que se modifica a Resolución do 30 de decembro de 2019 pola que se convoca o procedemento de selección de entidade privada sen ánimo de lucro para a atención residencial e a intervención educativa integral con persoas menores que teñen que cumprir medidas xudiciais privativas de liberdade previstas na Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores, no centro de reeducación Concepción Arenal.

Con data 24 de xaneiro de 2020 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 30 de decembro de 2019 pola que se convoca o procedemento de selección de entidade privada sen ánimo de lucro para a atención residencial e a intervención educativa integral con persoas menores que teñen que cumprir medidas xudiciais privativas de liberdade previstas na Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores, no centro de reeducación Concepción Arenal (código de procedemento BS213D).

O obxecto da convocatoria é establecer o proceso para a selección dunha entidade privada sen ánimo de lucro para a atención residencial e a intervención educativa integral con persoas menores que teñen que cumprir medidas xudiciais privativas de liberdade previstas na LORPM no centro de reeducación Concepción Arenal (A Coruña), de conformidade coas bases establecidas no anexo I, a través da formalización dun convenio de colaboración (anexo IV) .

De acordo co indicado na dita resolución, a entidade coa cal asine un convenio percibirá da Consellería de Política Social, con cargo á aplicación orzamentaria 13.02.312B.228 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma, unha compensación máxima polos gastos en que incorra no desenvolvemento da actividade conveniada de 5.013.560,70 €, que en ningún caso suporá un beneficio económico para a entidade conveniante. O dito importe será distribuído como segue:

Convenio de colaboración para a execución das medidas xudiciais privativas de liberdade no centro de reeducación Concepción Arenal (A Coruña)

2020

1.671.186,90 €

2021

2.506.780,35 €

2022

835.593,45 €

O número décimo sexto do anexo I da resolución sinala que, unha vez que lles sexa notificada ás persoas interesadas a resolución do procedemento, se realizará a formalización do convenio coa entidade seleccionada, de acordo co modelo previsto no anexo IV. A data límite da sinatura do convenio será o 1 de maio de 2020.

O 14 de marzo de 2020 publicouse no Boletín Oficial del Estado o Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19.

A disposición adicional terceira do dito real decreto determina que se suspenden os termos e se interrompen os prazos para tramitar os procedementos das entidades do sector público. O cómputo dos prazos restablecerase no momento en que perda vixencia o presente real decreto ou, de ser o caso, as súas prórrogas.

A Resolución do 15 de marzo de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se dá publicidade do Acordo do Centro de Coordinación Operativa (Cecop), mediante o que se adoptan medidas preventivas en lugares de traballo do sector público autonómico como consecuencia da evolución epidemiolóxica do coronavirus COVID-19, sinala, así mesmo, no acordo sétimo que se suspenden os termos e se interrompen os prazos para tramitar os procedementos das entidades do sector público. O cómputo dos prazos restablecerase no momento en que perda vixencia o presente real decreto ou, de ser o caso, as súas prórrogas.

A suspensión de termos e a interrupción de prazos aplicaranse a todo o sector público definido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

O presente procedemento, unha vez finalizado o prazo de presentación de solicitudes, de acordo co establecido no ordinal cuarto do anexo I da resolución de convocatoria, examinada a documentación e verificada a súa adecuación, entrou en fase de baremación no momento en que se acordou a suspensión dos prazos administrativos.

Mediante a Resolución da conselleira de data 30 de abril de 2020, logo de acordo favorable do Consello da Xunta de Galicia do 24 de abril de 2020, para os efectos de garantir o funcionamento básico dos servizos públicos e protexer o interese xeral, acordouse a modificación e prórroga do convenio vixente, mantendo a suspensión do procedemento de selección.

O día 23 de maio de 2020 publícase no Boletín Oficial del Estado número 145 o Real decreto 537/2020, do 22 de maio, polo que se prorroga o estado de alarma decretado polo Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria orixinada polo COVID-19. De conformidade co disposto no seu artigo 9, restablécese o cómputo dos prazos administrativos suspendidos desde o 1 de xuño de 2020 e, en virtude da súa disposición derrogatoria única, queda derrogada a disposición adicional terceira do Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, con efectos desde o 1 de xuño de 2020. Deste xeito, o 1 de xuño de 2020 retómase o prazo para resolver este procedemento, que se iniciou coa publicación da convocatoria o 24 de xaneiro de 2020 e foi obxecto de suspensión o 14 de marzo de 2020 por mor da declaración do estado de alarma.

Por todo o exposto, á vista do restablecemento dos prazos do procedemento, e tendo en conta a necesidade de reaxustar as anualidades, a resolución do procedemento e formalización do convenio coa entidade resultante do proceso selectivo, así como a vixencia do dito instrumento convencional,

RESOLVO:

Primeiro. Modificación da Resolución do 30 de setembro de 2019 pola que se convoca o procedemento de selección de entidade privada sen ánimo de lucro para a atención residencial e a intervención educativa integral con persoas menores que teñen que cumprir medidas xudiciais privativas de liberdade previstas na Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores, no centro de reeducación Concepción Arenal (A Coruña).

A Resolución do 30 de setembro de 2019 pola que se convoca o procedemento de selección de entidade privada sen ánimo de lucro para a atención residencial e a intervención educativa integral con persoas menores que teñen que cumprir medidas xudiciais privativas de liberdade previstas na Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores, no centro de reeducación Concepción Arenal (A Coruña), queda modificada como segue:

Un. O punto segundo do ordinal primeiro da Resolución do 30 de decembro de 2019 queda redactado da seguinte maneira:

«A entidade coa cal se asine un convenio de colaboración percibirá da Consellería de Política Social, con cargo á aplicación orzamentaria 13.02.312B.228 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia, unha compensación máxima polos gastos en que incorra no desenvolvemento da actividade conveniada de 5.013.560,70 €, que en ningún caso suporá un beneficio económico para a entidade conveniante. O dito importe será distribuído como segue:

Convenio de colaboración para a execución das medidas xudiciais privativas de liberdade no centro de reeducación Concepción Arenal (A Coruña)

2020

835.593,45 €

»

2021

2.506.780,35 €

2022

1.671.186,90 €

Dous. O punto décimo terceiro do anexo I, Procedemento de selección de entidade privada sen ánimo de lucro para a atención residencial e a intervención educativa integral con persoas menores que teñen que cumprir medidas xudiciais privativas de liberdade previstas na Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores, no centro de reeducación Concepción Arenal (A Coruña), da Resolución do 30 de decembro de 2019, relativo á resolución do procedemento, queda redactado da seguinte maneira:

«Décimo terceiro. Resolución do procedemento

Una vez revisadas e avaliadas pola Comisión de Valoración as solicitudes presentadas e emitido o informe, o órgano instrutor elevará á persoa titular da Consellería de Política Social unha proposta de resolución en que se especificará a entidade seleccionada para levar a cabo a atención residencial e a intervención educativa integral con persoas menores que teñen que cumprir medidas xudiciais privativas de liberdade previstas na LORPM no centro de reeducación Concepción Arenal (A Coruña).

A resolución que poña fin ao procedemento de selección de entidade colaboradora ditaraa a persoa titular da Consellería de Política Social no prazo máximo de catro meses desde a publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Trátase dun procedemento de concorrencia competitiva iniciado en virtude de convocatoria pública, polo que, se transcorrese o dito prazo sen que se ditase resolución expresa, poderá entenderse desestimada a solicitude por silencio ao abeiro do establecido no artigo 25 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas».

Tres. O punto décimo sexto do anexo I, Procedemento de selección de entidade privada sen ánimo de lucro para a atención residencial e a intervención educativa integral con persoas menores que teñen que cumprir medidas xudiciais privativas de liberdade previstas na Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores, no centro de reeducación Concepción Arenal (A Coruña), da Resolución do 30 de decembro de 2019, relativo á subscrición de convenios, queda redactado da seguinte maneira:

«Décimo sexto. Subscrición de convenios

Notificada aos interesados a resolución do procedemento, procederase á formalización do convenio coa entidade seleccionada, de acordo co modelo previsto no anexo IV. A data límite da sinatura do convenio será o 1 de setembro de 2020».

Catro. O punto décimo sétimo do anexo I, Procedemento de selección de entidade privada sen ánimo de lucro para a atención residencial e a intervención educativa integral con persoas menores que teñen que cumprir medidas xudiciais privativas de liberdade previstas na Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores, no centro de reeducación Concepción Arenal (A Coruña), da Resolución do 30 de decembro de 2019, relativo á vixencia do convenio, queda redactado da seguinte maneira:

«Décimo sétimo. Vixencia do convenio

O convenio que se subscriba ao abeiro do presente procedemento producirá efectos desde o 1 de setembro de 2020 ata o 31 de agosto de 2022, e poderá prorrogarse por acordo expreso das partes por períodos sucesivos, non superior cada un deles a un ano, ata un máximo de 2 anos, de acordo co establecido no artigo 49 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público, todo iso condicionado á existencia de crédito adecuado e suficiente nos exercicios correspondentes».

Cinco. A cláusula décima que figura no anexo IV, Modelo de convenio, relativa á vixencia e posibles prórrogas, queda redactada da seguinte maneira:

«Décima. Vixencia e posibles prórrogas

O convenio que se subscriba ao abeiro do presente procedemento producirá efectos desde o 1 de setembro de 2020 ata o 31 de agosto de 2022, e poderá prorrogarse por acordo expreso das partes por períodos sucesivos, non superior cada un deles a un ano, ata un máximo de 2 anos, de acordo co establecido no artigo 49 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, do réxime xurídico do sector público, todo iso condicionado á existencia de crédito adecuado e suficiente nos exercicios correspondentes».

No caso de que non se prorrogue o convenio por causas imputables á entidade conveniada, esta debe continuar coa actividade que viña desenvolvendo en canto a Administración non formalice un novo convenio con outra entidade.

Segundo. A presente modificación non supón a apertura dun novo prazo de presentación de solicitudes, tendo en conta que non se altera substancialmente a natureza e obxecto do procedemento.

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

A presente resolución entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 9 de xullo de 2020

Fabiola García Martínez
Conselleira de Política Social