Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Venres, 10 de xullo de 2020 Páx. 27558

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 16 de setembro de 2019 pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, que incorpora fondos procedentes do tramo autonómico da asignación tributaria do 0,7 % do IRPF destinado á realización de programas de interese xeral para fins de carácter sociosanitario, para o cofinanciamento de proxectos de prevención de condutas adictivas promovidos por entidades privadas sen ánimo de lucro que desenvolven o seu labor no eido da prevención na Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria (código de procedemento SA463F).

Advertidos erros na referida orde, que se publicou no Diario Oficial de Galicia núm. 182, do 25 de setembro de 2019, cómpre efectuar as seguintes correccións:

Na páxina 42460, no segundo parágrafo do punto 5.b) do artigo 27, onde di:

«A presentación desta xustificación é obrigatoria. Se a entidade beneficiaria presentase unha xustificación de gastos insuficiente para recibir este segundo pagamento á conta completo, o crédito non aboado sería anulado e, se é o caso, tería que reintegrar total ou parcialmente a contía recibida no primeiro pagamento anticipado».

Debe dicir:

«A presentación desta xustificación é obrigatoria. Se a entidade beneficiaria presentase unha xustificación de gastos insuficiente para recibir este primeiro pagamento á conta completo, o crédito non aboado sería anulado e, se é o caso, tería que reintegrar total ou parcialmente a contía recibida no primeiro pagamento anticipado».

Na páxina 42461, no segundo parágrafo do punto 5.d) do artigo 27, onde di:

«A presentación desta xustificación final é obrigatoria. Se a entidade beneficiaria presentase unha xustificación de gastos insuficiente para recibir este segundo pagamento á conta completo, o crédito non aboado sería anulado e, se é o caso, tería que reintegrar total ou parcialmente a contía recibida no terceiro pagamento anticipado».

Debe dicir:

«A presentación desta xustificación final é obrigatoria. Se a entidade beneficiaria presentase unha xustificación de gastos insuficiente para recibir este pagamento final completo, o crédito non aboado sería anulado e, se é o caso, tería que reintegrar total ou parcialmente a contía recibida no terceiro pagamento anticipado».

Na páxina 42470, na táboa da alínea 3 do anexo IV, relativa aos gastos de persoal, no título da quinta columna, onde di:

«Cota da Seguridade Social á conta da entidade».

Debe dicir:

«Cotas da Seguridade Social».