Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Venres, 10 de xullo de 2020 Páx. 27560

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 16 de setembro de 2019 pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para o cofinanciamento de proxectos de prevención de condutas adictivas promovidos por concellos, mancomunidades de concellos ou agrupacións de concellos da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria (código de procedemento SA463G).

Advertidos erros na referida orde, que se publicou no Diario Oficial de Galicia núm. 184, do 27 de setembro de 2019, cómpre efectuar as seguintes correccións:

Na páxina 42872, no segundo parágrafo do punto 5.b) do artigo 28, onde di: «Se a entidade beneficiaria presentase unha xustificación de gastos insuficiente para recibir este segundo pagamento á conta completo, o crédito non aboado sería anulado e, se é o caso, tería que reintegrar total ou parcialmente a contía recibida no primeiro pagamento anticipado»; debe dicir: «Se a entidade beneficiaria presentase unha xustificación de gastos insuficiente para recibir este primeiro pagamento á conta completo, o crédito non aboado sería anulado e, se é o caso, tería que reintegrar total ou parcialmente a contía recibida no primeiro pagamento anticipado».

Na páxina 42873, no segundo parágrafo do punto 5.d) do artigo 28, onde di: «Se a entidade beneficiaria presentase unha xustificación de gastos insuficiente para recibir este segundo pagamento á conta completo, o crédito non aboado sería anulado e, se é o caso, tería que reintegrar total ou parcialmente a contía recibida no terceiro pagamento anticipado»; debe dicir: «Se a entidade beneficiaria presentase unha xustificación de gastos insuficiente para recibir este pagamento final completo, o crédito non aboado sería anulado e, se é o caso, tería que reintegrar total ou parcialmente a contía recibida no terceiro pagamento anticipado».

Na páxina 42883, na táboa da alínea 3 do anexo V, relativa aos gastos de persoal, no título da quinta columna, onde di: «Cota da Seguridade Social á conta da entidade»; debe dicir: «Cotas da Seguridade Social».