Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Venres, 3 de xullo de 2020 Páx. 26479

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 8 de xuño de 2020, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se fai público o depósito da modificación dos estatutos da Confederación Rexional do Traballo de Galiza (CNT).

En cumprimento do disposto no artigo 4 da Lei orgánica 11/1985, do 2 de agosto, de liberdade sindical, e para os efectos previstos nel, faise público que na correspondente oficina pública de depósito de estatutos de organizacións sindicais e empresariais desta secretaría xeral se acordou depositar o acordo de modificación dos estatutos da Confederación Rexional do Traballo da Galiza (CNT).

Ámbito territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Ámbito profesional: poderán afiliarse todos os traballadores e as traballadoras manuais ou intelectuais, en activo, en paro ou que cesasen na súa actividade, estudantes, así como traballadores e traballadoras autónomas que non teñan persoal asalariado ao seu cargo, independentemente das súas crenzas políticas, relixiosas ou filosóficas.

Asinantes: Verónica Bouzas González, Isabel Nieto Carneiro e Carlos Criado Pérez.

Santiago de Compostela, 8 de xuño de 2020

Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego