En cumprimento do disposto no artigo 13 do Real decreto 416/2015, do 29 de maio, sobre o depósito de estatutos das organizacións sindicais e empresariais, e para os efectos previstos nel, faise público que na correspondente oficina pública de depósito de estatutos de asociacións sindicais e empresariais, se acordou depositar con data do 9.3.2020 os estatutos da Asociación Gallega de Empresas de Servicios Culturales y Ocio Educativo (Agescoe) (https://expinterweb.mitramiss.gob.es/deose/publico/copiaEstatutos).
Ámbito territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.
Ámbito funcional: poderán pertencer á asociación as empresas que pertenzan ao sector ou á rama de actividade de servizos culturais.
Asinan a acta de constitución: David Méndez Cepeda, Miguel Leal Eimil e Víctor Manuel Pérez López.
Santiago de Compostela, 8 de xuño de 2020
Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego