Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Venres, 3 de xullo de 2020 Páx. 26478

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 8 de xuño de 2020, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se fai público o depósito dos estatutos da Asociación Empresarial de Centros Especiales de Empleo, Entidades del Ámbito de la Discapacidad Intelectual y/o Afines de Galicia (In-Red).

En cumprimento do disposto no artigo 13 do Real decreto 416/2015, do 29 de maio, sobre o depósito de estatutos das organizacións sindicais e empresariais, e para os efectos previstos nel, faise público que na correspondente oficina pública de depósito de estatutos de asociacións sindicais e empresariais se acordou depositar con data do 6.3.2020 os estatutos da Asociación Empresarial de Centros Especiales de Empleo, Entidades del Ámbito de la Discapacidad Intelectual y/o Afines de Galicia (In-Red).

(https://expinterweb.mitramiss.gob.es/deose/publico/copiaEstatutos).

Ámbito territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Ámbito funcional: poderán pertencer á asociación as empresas de atención a persoas con discapacidade intelectual e/ou afíns, carentes de ánimo de lucro.

Asinan a acta de constitución: Feliciano Valcárcel Portela, José Santoro Pumarega, María Dolores Fenández García, Esteban Barcelo Souto e Levi Olivares González.

Santiago de Compostela, 8 de xuño de 2020

Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego