Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Venres, 26 de xuño de 2020 Páx. 25406

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

EXTRACTO da Resolución do 17 de xuño de 2020 pola que se modifica a Resolución do 4 de febreiro de 2020 pola que se dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas para a redución do impacto Brexit nas empresas galegas con interese no mercado do Reino Unido (Cheque Brexit), e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva (código de procedemento IG623A).

BDNS (Identif.): 496793.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (BDNS):

(http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Beneficiarias

Poderán ser beneficiarias destas axudas as empresas que cumpran algún dos seguintes requisitos:

a) Que o Reino Unido sexa un dos seus cinco principais mercados intracomunitarios de exportación/importación.

b) Que exportasen/importasen ao/do Reino Unido máis de 100.000 € nos tres últimos exercicios.

c) Que o Reino Unido supoña un mínimo do 10 % da súa exportación/importación intracomunitaria total.

Ademais deberán: a) estar constituídas como sociedade mercantil; b) ter algún centro de traballo radicado na Comunidade Autónoma de Galicia e c) estar ao día nas súas obrigas coa Facenda pública estatal, coa Comunidade Autónoma de Galicia e coa Seguridade Social.

Santiago de Compostela, 17 de xuño de 2020

Zeltia Lado Lago
Xerente do Instituto Galego de Promoción Económica