Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Martes, 23 de xuño de 2020 Páx. 25161

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lugo

ANUNCIO de aprobación definitiva da modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal relativa á delimitación do núcleo rural Carrigueiros-Ribicas, da parroquia do Burgo e da súa área de expansión.

O Pleno da Corporación, en sesión que tivo lugar o día 28 de marzo de 2019, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro. Aprobar definitivamente, en virtude do establecido no artigo 61 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia (LSG), e no artigo 146 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o seu regulamento de desenvolvemento (RLSG), de conformidade co informe favorable da directora xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, do 5 de febreiro de 2019, con rexistro de entrada neste concello do 7 de febreiro de 2019, a modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal (PXOM) de Lugo, relativa á delimitación do núcleo rural Carrigueiros-Ribicas da parroquia do Burgo e da súa área de expansión, contida na documentación técnica elaborada pola arquitecta municipal Susana Penedo, obxecto do dito informe da directora xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo. Todo iso en execución da Sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) nº 128/2015, do 26 de febreiro de 2015, e dos seus autos do 18 de marzo de 2015, 29 de marzo de 2017 e 23 de maio de 2017, pola que se estimou parcialmente o recurso contencioso-administrativo nº 4249/2012, interposto por Alejandro Alcalde Paz contra a Orde da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (CMATI), do 29 de abril de 2011, sobre aprobación definitiva parcial do Plan xeral de ordenación municipal (PXOM).

Segundo. Proceder, segundo o disposto nos artigos 82 e 88 da LSG e nos artigos 199 e 209 do RLSG, á:

– Publicación do acordo de aprobación definitiva no Diario Oficial de Galicia no prazo dun mes desde a súa adopción. Xunto coa publicación deste acordo publicarase a referencia ao enderezo electrónico no cal figurará o contido íntegro desta modificación puntual do PXOM á disposición do público.

– Remisión dun exemplar desta modificación puntual do PXOM en soporte dixital, debidamente dilixenciado, á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (CMATV) para a súa inscrición no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia. Esta inscrición será requisito de eficacia deste acordo de aprobación definitiva.

– Publicación no BOP do documento que conteña a normativa e ordenanzas.

Terceiro. Notificarlle este acordo ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia coa dita documentación técnica, para o seu coñecemento e oportunos efectos.

O contido íntegro do documento aprobado poderase consultar no seguinte enderezo electrónico: http://concellodelugo.gal/gl/actuacions/normativa-urbanistica.

Así mesmo, o Pleno da Corporación, en sesión que tivo lugar o día 28 de novembro de 2019, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro. No seo do incidente de execución da Sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) nº 128/2015, do 26 de febreiro de 2015, ditada no recurso contencioso-administrativo nº 4249/2012, interposto por Alejandro Alcalde Paz contra a Orde do 29 de abril de 2011, da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (CMATI), sobre aprobación definitiva parcial do Plan xeral de ordenación municipal do Concello de Lugo, cómpre aclarar que, nos informes municipais (Informe da arquitecta municipal do 27 de febreiro de 2018) e autonómicos (Informe da directora xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo do 5 de febreiro de 2019), emitidos en relación coa aprobación definitiva polo Acordo plenario 1/39, do 28 de marzo de 2019, da modificación puntual do PXOM de Lugo, relativa á delimitación do núcleo rural Carrigueiros-Ribicas da parroquia do Burgo e da súa área de expansión, todas as referencias á páxina 91 do tomo I do PXOM correspondente á Memoria deben entenderse referidas á súa páxina 93.

Segundo. Significar que o dito erro material de transcrición non se produciu na documentación técnica que foi obxecto de aprobación definitiva da presente modificación puntual do PXOM, acordada polo dito Acordo plenario 1/39, do 28 de marzo de 2019, xa que nela consta, correctamente, a páxina 93 do tomo I do PXOM correspondente á Memoria.

Terceiro. Notificarlle este acordo ao TSXG, para o seu coñecemento e oportunos efectos.

Lugo, 14 de maio de 2020

A alcaldesa
P.D. (Decreto número 19005695)
Miguel Ángel Couto Alonso
Concelleiro delegado de Urbanismo Sostible