Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Martes, 23 de xuño de 2020 Páx. 25160

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cerceda

ANUNCIO de aprobación inicial da modificación puntual das normas subsidiarias do Concello de Cerceda en relación con Areosa.

O Pleno do Concello de Cerceda, reunido en sesión ordinaria o 28 de maio de 2020, aprobou inicialmente o documento de aprobación inicial da modificación puntual das normas subsidiarias de Cerceda para a reclasificación de solo urbanizable e a ordenación detallada dun sector en Areosa (Queixas).

De acordo co artigo 60.6 da Lei 2/2016, do 10 febreiro, do solo de Galicia, e o artigo 144.6 do Regulamento da Lei do solo de Galicia, aprobado polo Decreto 143/2016, do 22 de setembro, sométese a información pública durante o prazo de dous meses a partir do día seguinte ao da data do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

A documentación sometida a información pública inclúe, ademais dos documentos integrantes da modificación puntual, un resumo executivo e o informe ambiental estratéxico en que se decide non someter a procedemento de avaliación ambiental ordinaria a modificación, por non ter efectos significativos sobre o ambiente.

Cerceda, 1 de xuño de 2020

Juan Manuel Rodríguez García
Alcalde presidente