Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Xoves, 18 de xuño de 2020 Páx. 24397

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 2106/2018 MDM).

Eu, María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 2106/2018 desta sección, seguidos por instancia de Helder Artur Teixeira Pinto contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Canteras Oya, S.L., Granitos de Atios, S.A., Belypa Construcciones, S.L., Rocas Graníticas Gallegas, S.A., Miner Granisa, S.A., Máximo Fernández Vázquez e Administración concursal Belypa Construcciones (Philippon de Arriba, Jorge Gabriel), sobre recarga de accidente, ditou a Sala do Social do Tribunal Supremo Resolución con data do 3 de marzo de 2020 cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«A sala acorda: declarar a inadmisión do recurso de casación para a unificación de doutrina interposto polo letrado Alfredo Briales de Porcioles, en nome e representación de Helder Artur Teixeira Pinto contra a sentenza ditada pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia co data do 30 de novembro de 2018, completada por auto do 22 de xaneiro de 2019, no recurso de suplicación número 2106/2018, interposto por Helder Artur Teixeira Pinto e o Instituto Nacional da Seguridade Social, fronte á sentenza ditada polo Xulgado do Social número 1 dos de Vigo con data do 3 de outubro de 2017, no procedemento nº 73/2017 seguido por instancia de Helder Artur Teixeira Pinto contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Canteras Oya, S.L., Granitos de Atios, S.A., Belypa Construcciones, S.L., Rocas Graníticas Gallegas, S.A., Miner Granisa, S.A., Máximo Fernández Vázquez, a Administración concursal Belypa Construcciones (Philippon de Arriba, Jorge Gabriel), sobre reclamación de cantidade.

Declárase a firmeza da sentenza recorrida sen imposición de custas á parte recorrente.

Contra este auto non cabe recurso ningún.

Devólvanse os autos de instancia e o rolo de suplicación á Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de procedencia con certificación desta resolución e comunicación.

Así o acordamos, mandamos e asinamos».

E para que sirva de notificación en legal forma a Rocas Graníticas Gallegas, S.A., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 5 de xuño de 2020

A letrada da Administración de xustiza