Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Xoves, 18 de xuño de 2020 Páx. 24399

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO de notificación de sentenza (RSU 3967/2019-CON).

Tipo e nº de recurso: RSU recurso de suplicación 3967/2019-CON.

Xulgado de orixe/autos: PO procedemento ordinario 635/2015 Xulgado do Social número 2 de Ferrol.

Recorrente: Cipriano Adolfo Cheda López.

Avogado: Aquilino Yáñez de Andrés.

Procuradora: Carolina Fernández Díaz.

Recorridos: Izar Construcciones Navales Sael, Moncobra, S.A., Navantia, S.A., Isolux Ingeniería, S.A., Rina, S.A., Sael, Grupo Isolux Corsan, S.L., Isolux Ingeniería Data Concursal SPL Francisco Vera Vázquez, Elinco, S.A. Coop., Prol Eléctrica Sur S, Wat, S.A., Centro Técnico del Noroeste, S.L., Eloy López, José Otero Fernández, Pine Instalaciones y Montajes, S.A., Habilitación Naval Ferrol, S.A., Celnor, S.L., Montajes Islas, S.A.

Avogados: Julián María Crespo Carrillo, Leticia Bejarano Rúa, Abel López Carballeda, Elena Madrid Gomariz, Fernando Barberán de Castro, Soraya Muñoz Carreiras, Francisco Beira Vázquez.

Procuradora: María Susana Díaz Gallego.

Eu, María Socorro Bazarra Varela, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento recurso de suplicación 3967/2019-CON de esta sección, seguido por instancia de Cipriano Adolfo Cheda López contra Izar Construcciones Navales Sael, Moncobra, S.A., Navantia, S.A., Isolux Ingeniería, S.A., Rina, S.A., Sael, Grupo Isolux Corsan, S.L., Isolux Ingeniería Data Concursal SPL Francisco Vera Vázquez, Elinco, S.A. Coop., Prol Eléctrica Sur, S.A., Wat, S.A., Centro Técnico del Noroeste, S.L., Eloy López, José Otero Fernández, Pine Instalaciones y Montajes, S.A., Habilitación Naval Ferrol, S.A., Celnor, S.L., Montajes Islas, S.A. sobre outros dereitos seguridade social, se ditou a seguinte resolución:

Estimamos o recurso de suplicación interposto pola procuradora dos tribunais Carolina Fernández Díaz, en nome e representación de Cipriano Adolfo Cheda López, contra a sentenza do Xulgado do Social número 2 de Ferrol, do 29 de xaneiro de 2018 en autos nº 635/2015, que revogamos no sentido e cos efectos sinalados no fundamento de dereito quinto da presente sentenza.

Devólvase ao demandante-recorrente o escrito que achegou no presente trámite.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentencias deste Tribunal de Xustiza de Galicia, sala do social.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que se debe preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37 seguida dos catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 no canto do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo «Observacións ou Concepto da transferencia» os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

E para que sirva de notificación en legal forma a Wat, S.A., Centro Técnico del Noroeste, S.L. Eloy López, José Otero Fernández, Pine Instalacións y Montajes, S.A., Habilitación Naval Ferrol, S.A., Rina, S.A., Celnor, S.L. e Montajes Islas, S.A., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese aos destinatarios que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 5 de xuño de 2020

A letrada da Administración de xustiza