Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Xoves, 18 de xuño de 2020 Páx. 24396

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 4 de marzo de 2020 pola que se convocan probas selectivas para acceso á escala de xestión subgrupo A2, polas quendas de promoción interna e de acceso libre.

Advertido erro na citada resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 53, do 17 de marzo de 2020, cómpre realizar a seguinte corrección:

No anexo I das bases da convocatoria, na páxina 16751 da citada resolución,

Onde di:

«Quinto exercicio (...) O texto para traducir será o mesmo nas dúas linguas».

Debe dicir:

«Quinto exercicio (...) O texto para traducir será o mesmo en todas as linguas».