Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Luns, 15 de xuño de 2020 Páx. 23736

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ACORDO do 12 de maio de 2020, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción dunha instalación de transporte de enerxía eléctrica na provincia da Coruña.

Expediente: IN407A 2019/147-1.

Solicitante/promotor: Red Eléctrica de España, S.A.U.

Denominación: ampliación da subestación 220 kV Eirís: posicións de liña Abegondo (entrada/saída).

Termo municipal: A Coruña.

Feitos:

Primeiro. Mediante a Resolución do 11 de xullo de 2011, a entón nomeada Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas outorgou a Red Eléctrica de España, S.A.U. a autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación de transporte secundario de enerxía eléctrica situada no termo municipal da Coruña denominada subestación Eirís: reforma para 220/15 kV (expediente IN407A 2008/74-1).

Segundo. Con data do 30.12.2013, a Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Coruña emitiu a autorización de explotación da antedita subestación.

Terceiro. Con data do 12.8.2019 o promotor presentou a solicitude de outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción acompañada do preceptivo proxecto de execución da infraestrutura ampliación subestación 220 kV Eirís: posicións de liña Abegondo redactado por técnico competente, no que se desenvolven os aspectos técnicos da instalación de referencia e no que se inclúen a correspondente memoria, plans, orzamento e separatas, tal e como se dispón nos artigos 123 e 130 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, e das declaracións responsables subscritas polo técnico proxectista, de competencia para a redacción deste conforme o anexo XIX do Decreto 51/2011, do 17 de marzo (DOG núm. 61, do 1 de abril) e de cumprimento da normativa de aplicación nos termos dispostos no artigo 53.1.b) da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico. Para a súa tramitación asinóuselle o número de expediente administrativo IN407A 2019/147-1.

Consideracións legais e técnicas:

Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Consellería de Economía e Industria, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

– Decreto 135/2017, do 28 de decembro, da Consellería de Economía, Emprego e Industria, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía, Emprego e Industria (DOG núm. 18, do 25 de xaneiro de 2018).

– Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, da Consellería de Economía, Emprego e Industria, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro).

Obxecto da instalación: conexión da subestación 400/220 kV Abegondo (expediente IN407A 2018/214-1) coa subestación 220 kV Eirís mediante a LAT 220 kV DC Abegondo-Eirís (expediente IN407A 2018/216-1) conformando, coa conseguinte incorporación ao mallado da rede de transporte, unha actuación de apoio á distribución de enerxía eléctrica para garantir a subministración á cidade da Coruña e provincia.

Características técnicas:

– Construción e equipamento das posicións P7 e P8, situadas en interior de edificio de formigón existente montado para o efecto (tecnoloxía GIS) ocupando un espazo xa previsto no proxecto subestación Eirís: reforma para 220/15 kV (expediente IN407A 2008/74-1), mediante a instalación de dous (2) módulos prefabricados baixo envolvente metálica (celas blindadas) con illamento en SF6 para a entrada/saída da LAT 220 kV DC Abegondo-Eirís, infraestrutura esta que non é obxecto do presente acordo.

– Ampliación da rede existente das canles de tránsito entrada/saída na subestación dos condutores eléctricos (galerías).

– Orzamento: 2.234.148 €.

– Localización das instalacións: subestación 220 kV Eirís, avenida de Monelos. A Coruña. Termo municipal da Coruña.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as alegacións que consideren pertinentes no prazo de vinte (20) días contados a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo, nas seguintes dependencias:

Servizo de Enerxía e Minas, da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, nº 2-2º andar, 15071 (A Coruña).

Infórmase de que, de conformidade coas disposicións adicionais terceira e cuarta do Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, o cómputo dos prazos reiniciarase no momento en que perda vixencia o estado de alarma declarado pola dita disposición ou as súas eventuais prórrogas.

A Coruña, 12 de maio de 2020

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña