Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Martes, 9 de xuño de 2020 Páx. 22731

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Monforte de Lemos

EDICTO (378/2019).

Neste órgano xudicial tramítase xuízo verbal 378/2019, seguido por instancia de Editorial Planeta, S.A., contra Dominga Almonte Almonte, sobre a reclamación de cantidade, nos cales, mediante a Resolución do 11.2.2020, se acordou a publicación da Sentenza do 30.12.2019. Para a súa notificación á demandada en paradoiro ignorado.

Monforte de Lemos, 11 de febreiro de 2020

O/a letrado/a da Administración de xustiza

Sentenza

Monforte de Lemos, 30 de decembro de 2019

Vistos por min, César Antonio Saco Figueiras, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 dos de Monforte de Lemos e o seu partido, os autos do xuízo verbal nº 378/2019, seguido por instancia da entidade Editorial Planeta, S.A., representada pola procuradora Sra. Seoane Portela e asistida do/da letrado/a Sr/a. Álvarez González, contra Dominga Almonte Almonte, en situación de rebeldía, resolvo sobre a base do seguinte:

Resolución:

Aceptando a demanda interposta pola procuradora Sra. Seoane Portela, en representación de Editorial Planeta, S.A., contra Dominga Almonte Almonte, debo condenar e condeno esta última a lle aboar á demandante o importe de 598 euros, cos xuros legais desde a interpretación xudicial, así como ao pagamento das custas.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes, facéndolles saber que esta é firme e contra ela non cabe interpor recurso ningún, de conformidade co establecido na LAC.

Así o pronuncio, mando e asino. Dou fe.