Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Martes, 9 de xuño de 2020 Páx. 22727

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 57/2020).

Execución de títulos xudiciais 57/2020.

Procedemento de orixe: seguridade social 633/2015.

Sobre seguridade social.

Demandante: Tesouraría da Seguridade Social.

Avogado/a: letrado da Tesouraría da Seguridade Social.

Demandados: Diseño As Cancelas, S.L., Diseño Hórreo 51 Bajo, S.L., J Antonio Iglesias Garaboa y Otra, C.B., José Antonio Iglesias Garaboa, Diseño Ramón Cabanillas 16, S.L., Team Salon, S.L., Diseño Pontevedra, S.L.

Mª Iria Román Vidarte, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais número 57/2020 deste xulgado do social, seguido por instancia da Tesouraría da Seguridade Social contra a empresa Diseño As Cancelas, S.L., Diseño Hórreo 51 Bajo, S.L., J Antonio Iglesias Garaboa y Otra, C.B., José Antonio Iglesias Garaboa, Diseño Ramón Cabanillas 16, S.L., Team Salon, S.L., Diseño Pontevedra, S.L., sobre reclamación de cantidade, ditouse auto e decreto o 28 de maio de 2020, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

Parte dispositiva do auto:

«Parte dispositiva:

Dispoño despachar orde xeral de execución a favor da parte executante, Tesouraría da Seguridade Social, fronte a Diseño As Cancelas, S.L., Diseño Hórreo 51 Bajo, S.L., J Antonio Iglesias Garaboa y Otra, C.B., José Antonio Iglesias Garaboa, Diseño Ramón Cabanillas 16, S.L., Team Salon, S.L., Diseño Pontevedra, S.L., parte executada, por importe de 25.284,63 euros en concepto de principal, máis 205,87 euros de xuros de capitalización (desde o 31.1.2020, data expedición de certificación de débeda, ao 28.5.2020, data despacho execución, a razón de 1,73 euros/día), sen prexuízo de ulterior liquidación, máis 2.549,05 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, poidan devindicarse durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

O presente auto, xunto co decreto que ditará o/a letrado/a da Administración de xustiza, e copia da demanda executiva, serán notificados simultaneamente á parte executada, tal e como dispón o artigo 553 da LAC, quedando a executada apercibida para os efectos mencionados nos razoamentos xurídicos terceiro e cuarto desta resolución, e conforme dispoñen os artigos 251.2 e 239.3 da LXS.

Os prazos comezarán a contar unha vez que a autoridade competente alce a suspensión dos prazos procesuais.

Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións deste Xulgado do Social número 3 aberta en Banco Santander, conta número 5076 0000 64 0057 20. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá ingresarse na conta número ES55 0049 3569 9200 0500 1274, e no campo “concepto” deberá indicar o número de conta 5076 0000 64 0057 20. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, e indicar no campo de observacións a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así o acorda e asina a súa señoría. Dou fe.

A maxistrada xuíza. A letrada da Administración de xustiza».

E a parte dispositiva do decreto:

«Parte dispositiva:

Para dar efectividade ás medidas concretas solicitadas, acordo:

– Requirir de pagamento a Diseño As Cancelas, S.L., Diseño Hórreo 51 Bajo, S.L., J Antonio Iglesias Garaboa y Otra, C.B., José Antonio Iglesias Garaboa, Diseño Ramón Cabanillas 16, S.L., Team Salon, S.L., Diseño Pontevedra, S.L., pola cantidade reclamada de 25.284,63 euros en concepto de principal, máis 205,87 euros en concepto de xuros de capitalización, sen prexuízo de ulterior liquidación, máis 2.549,05 euros, que provisionalmente se orzan para xuros, gastos e custas, e, se non pagase no prazo de dez días, ingresándoo na conta deste xulgado, aberta no Banco Santander co número ES55 0049 3569 9200 0500 1274 (concepto transferencia 5076 0000 64 0057 202), procederase ao embargo dos seus bens na medida suficiente para responder pola cantidade pola cal se despachou execución máis as custas desta.

– Requirir a Diseño As Cancelas, S.L., Diseño Hórreo 51 Bajo, S.L., J Antonio Iglesias Garaboa y Otra, C.B., José Antonio Iglesias Garaboa, Diseño Ramón Cabanillas 16, S.L., Team Salon, S.L., Diseño Pontevedra, S.L., co fin de que no prazo de dez días manifeste relacionadamente bens e dereitos suficientes para cubrir a contía da execución, con expresión, se é o caso, das cargas e gravames, así como, no caso de inmobles, se están ocupados, por que persoas e con que título, baixo apercibimento de que, en caso de non o verificar, poderá ser sancionado, cando menos, por desobediencia grave, en caso de que non presente a relación dos seus bens, inclúa nela bens que non sexan seus, exclúa bens propios susceptibles de embargo ou non desvele as cargas e gravames que sobre eles pesaren, e poderán impoñérselle tamén multas coercitivas periódicas.

Os prazos comezarán a contar unha vez que a autoridade competente alce a suspensión dos prazos procesuais.

Notifíquese ás partes e a Diseño Hórreo 51 Bajo, S.L.U, Diseño Pontevedra, S.L., Diseño As Cancelas, S.L., Team Salon, S.L. e Diseño Ramón Cabanillas 16, S.L., por medio de edictos no DOG, facéndolles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se é o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión, que deberá interpoñerse ante o presente órgano xudicial no prazo de tres días hábiles. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións deste Xulgado do Social número 3 aberta en Banco Santander, conta número 5076 0000 64 0057 20. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá ingresarse na conta número ES 55 0049 3569 9200 0500 1274, e no campo “concepto” deberá indicar o número de conta 5076 0000 64 0057 20. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, e indicar no campo de observacións a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así o acordo e asino. Dou fe.

A letrada da Administración de xustiza».

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial.

E para que sirva de notificación a Diseño Hórreo 51 Bajo, S.L.U, Diseño Pontevedra, S.L., Diseño As Cancelas, S.L., Team Salón, S.L., Diseño Ramón Cabanillas 16, S.L., expido o presente.

Santiago de Compostela, 28 de maio de 2020

A letrada da Administración de xustiza