Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Martes, 9 de xuño de 2020 Páx. 22732

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de resolución (DSP 159/2019).

Eu, Belén Menéndez Medel, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 159/2019 deste xulgado do social, foi ditada resolución da cal os interesados poderán ter coñecemento íntegro na oficina xudicial e cuxos datos se fan constar a seguir:

Resolución: sentenza do 27 de xaneiro de 2020.

Recurso e prazo: recurso de suplicación no prazo de 5 días.

Persoa que se notifica: Noe Sánchez Alfonso.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación a Noe Sánchez Alfonso, expídese este edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e a súa colocación no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Santiago de Compostela, 20 de maio de 2020

A letrada da Administración de xustiza