Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Venres, 5 de xuño de 2020 Páx. 22511

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (PO 428/2017).

Eu, Paloma Recalde Álvarez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 428/2017 deste xulgado do social, seguido contra a empresa Hércules de Armamento, S.L., sobre ordinario, ditouse sentenza, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Autos PO número 428/2017

Na cidade da Coruña o 13 de marzo de 2020.

Lara Munín Sánchez, xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 da Coruña, tras ver os presentes autos, sobre cantidades, por instancia de Fernando Rebollo Mellado, Óscar García Espiñeira, José Antonio Fernández Iglesias, José Ignacio Mourenzá Larrosa, Fernando Ezequiel Raso Pita, Diego Díaz Larrosa e Jesús Sánchez Mosteiro, que comparecen representados polo letrado Sr. Pérez López, e Rubén Fernández Vázquez, que comparece por si, e Juan Carlos Rodríguez Bertoa e Víctor Pasandín Trasacos, que non comparecen, contra a empresa Hércules de Armamento, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, que non comparecen, ditou a seguinte

Sentenza.

Decido que, estimando a demanda interposta por Fernando Rebollo Mellado, Óscar García Espiñeira, José Antonio Fernández Iglesias, José Ignacio Mourenzá Larrosa, Fernando Ezequiel Raso Pita, Diego Díaz Larrosa, Jesús Sánchez Mosteiro e Rubén Fernández Vázquez, contra a empresa Hércules de Armamento, S.L., condénoa a que aboe, incrementadas todas elas co xuro por demora do 10 %, as cantidades seguintes: ao Sr. Rebollo Mellado, nove mil cento vinte e sete euros e cincuenta e seis céntimos (9.127,56 €); ao Sr. García Espiñeira, nove mil setenta e seis euros e oitenta e seis céntimos (9.076,86 €); ao Sr. Fernández Iglesias, seis mil catrocentos oitenta e un euros e oitenta e nove céntimos (6.481,89 €); ao Sr. Mourenzá Larrosa, oito mil oitocentos trinta e nove euros e noventa e cinco céntimos (8.839,95 €); ao Sr. Raso Pita, nove mil catrocentos vinte e seis euros e noventa e seis céntimos (9.426,96 €); ao Sr. Díaz Larrosa, seis mil catrocentos oitenta e un euros e oitenta e nove céntimos (6.481,89 €); ao Sr. Sánchez Mosteiro, seis mil douscentos sesenta e dous euros e cincuenta e dous céntimos (6.262,52 €); e ao Sr. Fernández Vázquez, seis mil cento cincuenta e cinco euros e vinte e tres céntimos (6.155,23 €).

Así mesmo, absolvo o Fondo de Garantía Salarial, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese esta resolución ás partes, facéndolles saber que esta non é firme, e fronte a ela cabe formular recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia ou mediante escrito presentado na oficina xudicial dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación.

Así, por esta sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Hércules de Armamento S.L., expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Advírtese á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 15 de maio de 2020

A letrada da Administración de xustiza