Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Venres, 5 de xuño de 2020 Páx. 22513

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 14 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se somete a información pública a documentación para a revisión da autorización ambiental integrada outorgada a Granja Campomayor, S.L. para unha explotación avícola de posta de ovos para consumo humano e de recría de galiñas poñedoras en San Vicente de Ulloa, no concello de Palas de Rei, Lugo (expediente 2019-IPPC-M-74).

O artigo 26 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (Boletín Oficial del Estado núm. 316, do 31 de decembro) regula a revisión das autorizacións ambientais integradas.

Os artigos 15 e 16 do Real decreto 815/2013, do 18 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de emisións industriais e de desenvolvemento da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación (Boletín Oficial del Estado núm. 251, do 19 de outubro) regulan o procedemento de revisión das autorizacións ambientais integradas.

Para os efectos previstos no artigo 15.5.a) do Real decreto 815/2013, sométese a información pública, durante un período de 20 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, o documento titulado:

Granja Campomayor, S.L.

Revisión da autorización ambiental integrada.

2007/0035_NAA/IPPC_140.

Non obstante o anterior, e de conformidade coa disposición adicional terceira e cuarta do Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación da crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, o inicio do prazo comezará a computar no momento en que perda vixencia o estado de alarma declarado pola dita disposición ou as súas eventuais prórrogas.

Para que calquera interesado poida consultalo e, de ser o caso, presentar dentro do citado prazo as alegacións, suxestións ou observacións que considere convenientes.

O documento estará á disposición dos administrados nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación, en horario de atención ao público (rúa de San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela).

Ademais, tamén se poderá consultar na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (http://cmatv.xunta.gal/>>medio ambiente e sostibilidade>>prevención e control de actividades>>autorización ambiental integrada>>proxectos en información pública).

Santiago de Compostela, 14 de abril de 2020

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático

ANEXO

Expediente: 2019-IPPC-M-74.

Núm. da autorización ambiental integrada: 2007/0035_NAA/IPPC_140.

Titular: Granja Campomayor, S.L.

NIF: B27015429.

Localización da instalación: San Vicente de Ulloa, 27205 Palas de Rei (Lugo). Referencias catastrais das parcelas: 27040A074000350000UJ, 27040A074000670000UJ, 002305000NH95C0001PS, 27040A074004360001IB, 27040A074004370000UT, 27040A074002600000UI.

Actividade principal: explotación avícola de posta de ovos para consumo humano e de recría de galiñas poñedoras.

Descrición: a explotación conta con 6 naves con 224.392 prazas para galiñas poñedoras de ovos e 2 naves con 142.200 prazas para recría de galiñas poñedoras, ademais de 3 almacéns. O sistema de aloxamento é en batería con cinta transportadora para a retirada do esterco sólido.

As poliñas para a recría recíbense nas naves correspondentes cun día de vida, alí permanecen ata acadar os 4 meses de idade, momento no cal son trasladadas ás naves de posta de ovo en sistema tododentro-todofóra. A duración dos ciclos é de aproximadamente cinco meses para as aves de recría e dun ano para as aves de posta, tralo cal as galiñas son enviadas ao matadoiro. Con cada nave baleira procédese a súa limpeza integral e desinfección.

As 5.500.000 docenas de ovos producidas ao ano son enviadas ao centro de clasificación, selección, calibrado e envasado que Granja Campomayor ten en Ximonde.

O esterco xerado na explotación é valorizado en parcelas agrícolas. Para o almacenamento do esterco a explotación dispón dunha nave adaptada para tal fin e un almacén e proxéctase a construción dunha esterqueira cuberta con fosa de lixiviados.

Vertidos: as augas fecais xeradas nos aseos e vestiarios así como as xeradas na vivenda unifamiliar anexa, son recollidas nunha fosa séptica de decantación-dixestión con filtro biolóxico e posterior filtrado ao terreo mediante gabia filtrante. As augas de limpeza de parte das naves dispoñen de canalizacións que recollen as augas das zonas de carga das cintas de esterco e as conducen ata un depósito estanco, e pretendese a instalación de dúas novas canalizacións para dúas naves máis para dirixir a ese mesmo depósito estanco; as augas de limpeza doutras naves son recollidas nos fosos das cintas de esterco e conducidas por gravidade entre as naves ata o leste cruzando a pista pública existente. Durante o lavado das naves tamén se emprega un depósito móbil para a recollida das augas ao final da canalizacións existentes. As augas pluviais non son recollidas verténdose directamente ao terreo excepto as naves situadas na finca Cobo de Abaixo, que se conducen ata verter nunha finca colindante.