Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Venres, 5 de xuño de 2020 Páx. 22509

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Cangas

EDICTO (PO 92/2017).

No procedemento de referencia ordinario 92/2017, do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Cangas, ditouse sentenza do 6.8.2019 que no seu encabezamento e decisión son do teor literal seguinte:

«Sentenza 109/2019.

Cangas, 6 de agosto de 2019.

Eva López Domínguez, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 desta cidade e o seu partido xudicial, viu os autos de xuízo ordinario, rexistrados co número 92/2017 promovidos polo procurador dos tribunais José Vicente Gil Tránchez, en nome e representación de DSSV, S.A.R.L. coa asistencia letrada de Jorge Grau Cerrato contra Francisco José Bernárdez González e Iván Souto Paredes, declarados en situación de rebeldía procesual, sobre reclamación de cantidade.

Decido:

Estimo a demanda interposta polo procurador dos tribunais, José Vicente Gil Tránchez, en nome e representación de DSSV, S.A.R.L. coa asistencia letrada de Jorge Grau Cerrato contra Francisco José Bernárdez González e Iván Souto Paredes e, en consecuencia, declaro o vencemento anticipado da total obrigación de pagamento do contrato de préstamo subscrito entre as partes mediante escritura con data do 4.8.2006 autorizada ante o notario de Galicia, José Luís Espinosa de Soto, baixo o número de protocolo 1696 e condeno a parte demandada ao pagamento da totalidade das cantidades debidas ao demandante por principal, así como por xuros devindicados ata a data de interposición da demanda, que ascenden á cantidade de 194.715,13 euros, máis o xuro legal desde a reclamación xudicial ata a sentenza e desde aquí ata o seu completo pagamento o xuro legal máis dous puntos, con expresa condena en custas.

Declárase o dereito do demandante a incardinar a eventual execución forzosa da sentenza firme ditada no presente proceso declarativo conforme os artigos 681 e seguintes da LAC, no caso de que se cumpran as exixencias formais precisas establecidas en tales preceptos e demais correspondentes ao trámite de execución na demanda que dea inicio a esta.

Notifíquese a presente sentenza ás partes, facéndolles saber que este non é firme e cabe formular recurso de apelación no prazo de 20 días desde o seguinte ao da notificación, conforme os artigos 455 e seguintes da LAC. Para recorrer é de aplicación a disposición adicional décimo quinta introducida polo número dezanove do artigo primeiro da Lei orgánica 1/2009, do 3 de novembro, complementaria da Lei de reforma da lexislación procesual para a implantación da nova oficina xudicial, pola que se modifica a Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial».

Así, por esta a miña sentenza, xulgando en primeira instancia, pronúncioa, mándoa e asínoa e, como consecuencia do ignorado paradoiro de Francisco José Bernárdez González e Iván Souto Paredes, esténdese o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia que servirá de cédula de notificación.

Cangas, 24 de febreiro de 2020

A letrada da Administración de xustiza