Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Mércores, 3 de xuño de 2020 Páx. 22172

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social, Sección Primeira)

EDICTO (RSU 5602/2019 BC).

Eu, M. Asunción Barrio Calle, letrada da Administración de xustiza da sección primeira desta Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento recurso de suplicación 5602/2019 desta sección, seguidos por instancia de María Rita Táboas Collazo contra a empresa Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Construcciones y Promociones Rodoal, S.L., sobre alta/baixa cotización, se ditou resolución cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Decidimos que desestimando o recurso de suplicación interposto pola representación procesual de María Rita Táboas Collazo, contra a sentenza de data vinte e dous de xullo do ano dous mil dezanove, ditada polo Xulgado do Social número 4 de Vigo, en proceso promovido pola Tesouraría Xeral da Seguridade Social fronte á recorrente e a empresa Construcciones y Promociones Rodoal, S.L., debemos confirmar e confirmamos a sentenza recorrida.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que ha de prepararse mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 35 seguida do catro díxitos correspondentes ao nº do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 no canto do 35 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia no rolo que se arquivará neste tribunal incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao Xulgado do Social de procedencia.

Así por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandaámolo e asinámolo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Construcciones y Promociones Rodoal S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese a destinataria que as seguintes comunicación se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 18 de maio de 2020

A letrada da Administración de xustiza