Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Mércores, 3 de xuño de 2020 Páx. 22171

IV. Oposicións e concursos

Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable

RESOLUCIÓN do 22 de maio de 2020 pola que se anuncia a convocatoria do proceso de selección para o posto de xefe da División de Innovación Tecnolóxica e Telecomunicacións, baixo a modalidade de alta dirección.

Segundo o establecido no artigo 60 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico, anúnciase a convocatoria do proceso de selección do posto de xefe da División de Innovación Tecnolóxica e Telecomunicacións no Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (Cixtec), baixo a modalidade de alta dirección, que se formalizará mediante o previsto no Real decreto 1382/1985, do 1 de agosto.

As bases da convocatoria poden ser retiradas ou consultadas na páxina web do Cixtec, www.cixtec.es.

Santiago de Compostela, 22 de maio de 2020

Víctor Coladas Bilbao
Director xeral do Centro Informático para a Xestión Tributaria,
Económico-Financeira e Contable