Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Mércores, 3 de xuño de 2020 Páx. 22174

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 6 da Coruña

EDICTO (48/2020).

Eu, María Mercedes Santos García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 6 da Coruña, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 48/2020, seguido por instancia de Fundación Laboral de la Construcción contra Grupo Gesoko, S.L., sobre reclamación de cantidade, se ditou auto despachando execución e decreto de embargo, con data do 15 de maio de 2020, e contra os que se pode interpoñer recurso de reposición e de revisión directo, respectivamente, no prazo de tres (3) días. No dito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro de ambas as resolucións.

E para que sirva de notificación e requirimento en legal forma a Grupo Gesoko S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese a destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 13 de maio de 2020

A letrada da Administración de xustiza