Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Luns, 1 de xuño de 2020 Páx. 21822

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 22 de maio de 2020, da Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral, pola que se redistribúen os créditos orzamentarios recollidos na Orde do 2 de maio de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións no marco do Plan de formación para o emprego (persoas traballadoras ocupadas) e se procede á súa convocatoria para os exercicios 2019 e 2020 (código de procedemento TR302A).

Mediante a Orde do 2 de maio de 2019, que se publicou no Diario Oficial de Galicia número 99, do 27 de maio, establecéronse as bases reguladoras e convocáronse subvencións para a programación de accións formativas dirixidas ás persoas traballadoras ocupadas na Comunidade Autónoma de Galicia para os exercicios 2019 e 2020.

No artigo 4 desta orde recóllese o financiamento das axudas previstas con cargo ás aplicacións orzamentarias 09.41.323B.471.0 e 09.41.323B.481.0, cunha contía inicial de 5.000.000 € distribuída entre as anualidades 2019 (2.000.000 €) e 2020 (3.000.000 €), procedentes de fondos finalistas do Servizo Público de Emprego Estatal.

No mesmo artigo establécese que eses créditos poderán ser obxecto de modificacións nos supostos e nas condicións previstos nos artigos 30 e 31 do Regulamento da Lei de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

Unha vez instruídos os expedientes e obtida a relación de solicitudes que cumpren coas condicións establecidas nas bases reguladoras para adquirir a condición de entidade beneficiaria, cómpre realizar unha redistribución do crédito entre as distintas aplicacións orzamentarias.

De acordo co disposto no artigo 31 do Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro (DOG núm. 20, do 29 de xaneiro de 2009), cando a contía total máxima das subvencións convocadas se distribúa entre distintos créditos orzamentarios, a alteración da devandita distribución non precisará de nova convocatoria pero si das modificacións que procedan no expediente de gasto e da publicación nos mesmos medios que a convocatoria.

Por todo o anterior,

RESOLVO:

Primeiro. Modificar o crédito destinado ás axudas convocadas na Orde do 2 de maio de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións no marco do Plan de formación para o emprego (persoas traballadoras ocupadas) e se procede á súa convocatoria para os exercicios 2019 e 2020, redistribuíndo o crédito previsto na dita orde para a anualidade 2020 da seguinte maneira, sen variar o orzamento total:

Anualidade 2020

Aplicación orzamentaria

Orzamento inicial

Modificacións

Orzamento final

09.41.323B.471.0

2.300.000,00

450.310,05

2.750.310,05

09.41.323B.481.0

700.000,00

-450.310,05

249.689,95

Total

3.000.000,00

3.000.000,00

A distribución prevista inicialmente para a anualidade 2019 non sufriu ningunha modificación.

Segundo. Esta modificación, unha vez publicada no Diario Oficial de Galicia, non implicará apertura de prazo para presentar novas solicitudes.

Santiago de Compostela, 22 de maio de 2020

Pablo Casal Espido
Director xeral de Orientación e Promoción Laboral