Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Luns, 1 de xuño de 2020 Páx. 21824

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

ORDE do 20 de maio de 2020 pola que se autoriza o cambio de denominación específica do CEIP Príncipe Felipe do concello de Pontevedra.

De conformidade co previsto no artigo 8 do Regulamento das escolas de educación infantil e dos colexios de educación primaria, aprobado polo Decreto 374/1996, do 17 de outubro (DOG do 21 de outubro), por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

Dispoño:

Autorizar o cambio de denominación específica do seguinte centro:

Provincia: Pontevedra.

Concello: Pontevedra.

Código: 36006316.

Denominación actual: Colexio de Educación Infantil e Primaria (CEIP) Príncipe Felipe.

Nova denominación: Colexio de Educación Infantil e Primaria (CEIP) Daría González García.

Santiago de Compostela, 20 de maio de 2020

Carmen Pomar Tojo
Conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional