Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Luns, 1 de xuño de 2020 Páx. 21825

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 20 de maio de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no primeiro cuadrimestre do ano 2020.

O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro), impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único

Dar publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería do Mar nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril de 2020, que se incorpora no anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 20 de maio de 2020

María Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos pola Consellería do Mar nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril do ano 2020

Descrición

Importe

Data

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A. para a realización dunha serie de programas sobre o sector pesqueiro e, igualmente, a difusión de informacións diarias sobre a actualidade do sector no ano 2020.

100.000 €

15.1.2020

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Pontevedra para establecer as condicións de colaboración co fin de financiar os gastos correntes que se produzan no ano 2020 como consecuencia das actividades que desenvolva a Federación ao longo do exercicio.

97.000 €

22.1.2020

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Federación Provincial de Confrarías de Pescadores da Coruña para establecer as condicións de colaboración co fin de financiar os gastos correntes que se produzan no ano 2020 como consecuencia das actividades que desenvolva a Federación no referido exercicio.

97.000 €

22.1.2020

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Federación Galega de Confrarías de Pescadores para establecer as condicións de colaboración co fin de financiar os gastos correntes que se produzan no ano 2020 como consecuencia das actividades que desenvolva a Federación no referido exercicio.

97.000 €

22.1.2020

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Federación Galega de Redeiras Artesás «O Peirao» para establecer as condicións de colaboración co fin de financiar os gastos correntes que se produzan no ano 2020 como consecuencia das actividades que desenvolva a Federación no referido exercicio.

8.000 €

23.1.2020

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Lugo para establecer as condicións de colaboración co fin de financiar os gastos correntes que se produzan no ano 2020 como consecuencia das actividades que desenvolva a Federación ao longo do exercicio.

45.000 €

3.2.2020

Acordo de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Consellería do Mar para reforzar o persoal de Gardacostas na loita contra o furtivismo na Comunidade Autónoma de Galicia.

60.000 €

5.3.2020

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Federación Galega de Confrarías de Pescadores co fin de financiar os investimentos que leve a cabo a institución para a mellora da competitividade.

27.000 €

6.4.2020

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Federación Provincial de Confrarías de Pescadores da Coruña, co fin de financiar os investimentos que permitan a esta institución acadar os obxectivos básicos de fomento da organización sectorial e mellora da súa competitividade.

16.000 €

6.4.2020

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Federación Galega de Redeiras Artesás «O Peirao» co fin de financiar os investimentos realizados pola institución para levar a cabo unha acción formativa dirixida ás súas asociadas co obxecto de que adquiran coñecementos que lles permitan ampliar os seus nichos de negocio, redución dos custos de traballo, ofrecer novos produtos e un maior aproveitamento dos seus recursos.

5.000 €

6.4.2020

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Lugo co fin de financiar os investimentos que leve o cabo a institución para acadar a mellora da competitividade.

16.000 €

6.4.2020

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Universidade de Vigo para a celebración do XX Congreso do Instituto Internacional de Economía e Comercios Pesqueiros en Vigo no ano 2020.

16.500 €

21.4.2020