Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Mércores, 27 de maio de 2020 Páx. 21446

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (PO 1217/2017).

Eu, Paloma Recalde Álvarez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1217/2017 deste xulgado do social, seguido contra a empresa Poligal Innova, S.L., sobre ordinario, se ditou sentenza, cuxa parte dispositiva se achega:

«Autos: PO 1217/2017.

A Coruña, 3 de marzo de 2020.

Lara Munín Sánchez, xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 da Coruña, tras ver os presentes autos sobre cantidades, por instancia de Manuel Romay Botana, que comparece representado polo letrado Sr. Guerra Mengual, contra a empresa Poligal Innova, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, que non comparecen, ditou a seguinte:

Sentenza.

Resolución que estimando a demanda interposta por Manuel Romay Botana contra a empresa Poligal Innova, S.L., condénoa a que lle aboe a cantidade de dous mil setenta e oito euros e noventa e sete céntimos (2.078,97 €), incrementada co xuros por mora do 10 %.

Así mesmo, absolvo o Fondo de Garantía Salarial, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese esta resolución ás partes facéndolles saber que é firme.

Así, por esta sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Poligal Innova, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 15 de maio de 2020

A letrada da Administración de xustiza