Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Mércores, 27 de maio de 2020 Páx. 21444

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (41/2019 S).

Eu, M. Asunción Barrio Calle, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento despido colectivo 41/2019 deste tribunal, seguido por instancia de Miguel Ángel Rodríguez, UGT Galicia contra Elena Barrio López, Juan Carlos Calvo Alejandre, Cufica Los Campos, S.L., Pizarras Vadebedul, S.L., Pizarras Valdebordoño, S.L., Pizarras La Soledad, S.L., Pizarras Nueva Galicia, S.L., Francisco Javier Fidalgo Fidalgo sobre outros dereitos laborais, se ditou a seguinte resolución:

«Dilixencia de ordenación de letrada da Administración de xustiza María Asunción Barrio Calle.

Na Coruña, trece de maio de dous mil vinte.

Dado o estado actual do estado de alarma, levántase a suspensión da tramitación do presente procedemento, e visto que se atopa pendente de nova sinalización fíxase como novo día para os actos de conciliación e xuízo o próximo 2 de xullo de 2020 ás 10.00 e 10.15 horas respectivamente.

Cítese as partes.

Líbrese edicto co fin de citar aos demandados a través do Diario Oficial de Galicia.

Líbrese exhorto ao decanato dos xulgados de Ponferrada co fin de que logo de citación á codemandada Elena Barreiro López coas advertencias legais, se dispoña o necesario para que compareza perante esta sala o día 2 de xullo de 2020 ás 10.00 horas, a través do sistema de videoconferencia.

A letrada da Administración de xustiza»

E para que sirva de notificación en legal forma a Juan Carlos Calvo Alejandre, Cufica Los Campos, S.L., Pizarras Vadebedul, S.L., Pizarras Valdebordoño, S.L., Pizarras La Soledad, S.L., Pizarras Nueva Galicia, S.L., Francisco Javier Fidalgo Fidalgo, en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 13 de maio de 2020

A letrada da Administración de xustiza