Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Mércores, 27 de maio de 2020 Páx. 21448

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 6 de maio de 2020, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se conceden as autorizacións administrativas previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Amoeiro (expediente IN407A 2020/26-3).

Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e da autorización administrativa de construción das instalacións eléctricas que a seguir se describen, tal e como se recollen no proxecto asinado en Ourense polo enxeñeiro técnico industrial Pablo López Alonso, colexiado nº 3802 do Coeticor, o día 5 de decembro de 2019, con visado nº 289/20-CO do 4 de febreiro de 2020, do sinalado colexio profesional.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A. CIF: A-63222533.

Enderezo: A Batundeira, nº 2, Velle, 32960 Ourense.

Denominación: recuamento LMT en Albeiros-Amoeiro (CAS805).

Situación: Albeiros, concello de Amoeiro.

Orzamento: 13.989,09 €.

Características técnicas:

– Dotación de cable de fibra óptica e substitución de 3 apoios na LMT a 20 kV CAS805-Derivación ao CT Albeiros (apoios números 7, 8 e 10), con novo CONDUTOR LA-56 entre os ditos apoios (sen modificación de traza) e unha lonxitude de 382 m.

– RBT en condutor tipo RZ 3×50 AL (23 m) e 3×95 AL (61m), con orixe no CT existente en Albeiros (32AM39) do expediente 3648-AT.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e os regulamentarios previstos no capítulo II, título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais, esta xefatura territorial resolve:

Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción ás ditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ao proxecto arriba sinalado e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten de aplicación e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de seis meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada, ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se considere pertinente.

Ourense, 6 de maio de 2020

Santiago Álvarez González
Xefe territorial de Ourense