Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Mércores, 27 de maio de 2020 Páx. 21450

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 14 de maio de 2020, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, polo que se fai pública a declaración de impacto ambiental (DIA) relativa á zona de reestruturación parcelaria de San Martiño-A Armenteira, sector I, no concello de Meis.

En cumprimento do disposto no artigo 12 do Real decreto lexislativo 1/2008, do 11 de xaneiro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de avaliación de impacto ambiental de proxectos, faise pública a declaración de impacto ambiental (DIA) formulada pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, relativa á zona de reestruturación parcelaria de San Martiño-A Armenteira sector I, no Concello de Meis, e promovida pola Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural da Consellería do Medio Rural.

Unha versión da citada declaración, en formato dixital, poderá consultarse na páxina web da Consellería do Medio Rural (https://ovmediorural.xunta.gal/gl/consultas-publicas/concentracions-parcelarias-procesos) e na da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

Santiago de Compostela, 14 de maio de 2020

Miguel Ángel Pérez Dubois
Director xeral de Desenvolvemento Rural