Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Xoves, 14 de maio de 2020 Páx. 20136

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (SSS 49/2017).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento seguridade social 49/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Maria Flora Gómez Outeiral contra Natalia Torrado Viturro, Tomate Más Fruta, S.L., Servizo Público de Emprego Estatal, SEPE, sobre seguridade social, se ditaron as resolucións cuxa parte dispositiva di:

«Que desestimando integramente a demanda interposta por María Flora Gómez Outeiral contra o Servizo Público de Emprego Estatal, debo absolver e absolvo a Administración demandada das peticións deducidas na súa contra.

Notifíquese ás partes a presente resolución, facéndolles saber que fronte a ela non cabe recurso.

Notifíquese ás partes, facéndolles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas ata que non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

A anterior resolución entregarase á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Dilixencia de ordenación da letrada da Administración de xustiza María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, 28 de abril de 2020.

De conformidade co disposto nas resolucións do ministro de Xustiza e do Consello Xeral do Poder Xudicial do 13 de abril de 2020, na Circular 2/2020, do 20 de abril de 2020, da Secretaría Xeral da Administración de Xustiza, que regula as notificacións nos expedientes xudiciais durante a vixencia do estado de alarma, e no Acordo da Comisión Permanente do Consello Xeral do Poder Xudicial do 20 de abril de 2020, procédase á notificación da precedente resolución. Fáiselles saber ás partes que, por estar ditada a resolución que se notifica no seo dun procedemento declarado non esencial, a notificación non dá lugar ao levantamento dos prazos suspendidos en virtude do Real decreto 463/2020 polo que se declarou o estado de alarma, de modo que os prazos para a interposición dos correspondentes recursos contra a resolución que se notifica continúan suspendidos e se iniciarán a partir do momento en que se alce o estado de alarma ou se decrete o restablecemento do normal funcionamento da actividade xurisdicional.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que se deberá interpoñer no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación ante a letrada da Administración de xustiza que dita esta resolución, con expresión da infracción que a xuízo do recorrente contén esta, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

E para que sirva de notificación en legal forma a Natalia Torrado Viturro e Tomate Más Fruta, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios do xulgado.

Santiago de Compostela, 5 de maio de 2020

A letrada da Administración de xustiza