Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Xoves, 14 de maio de 2020 Páx. 20134

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Ferrol

EDICTO (PO 607/2019).

Procedemento ordinario 607/2019.

Sobre reclamación de cantidade.

Demandante: Matrices y Perfiles de Aluminio, S.L.

Procuradora: María Amparo Acebedo Conde.

Avogada: Merce Rivas Martínez.

Demandada: Aluminios Santa Marina, S.L.

No procedemento de xuízo ordinario 607/2019 ditouse a sentenza cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Sentenza.

Xuíz que a dita: Javier Tudela Guerrero.

Lugar: Ferrol.

Data: catorce de febreiro de dous mil vinte.

Resolución:

Debo estimar e estimo substancialmente a demanda presentada por Matrices y Perfiles de Aluminio, S.L. contra Aluminios Santa Marina, S.L. e:

Condeno a demandada ao aboamento dos importes das facturas arriba sinaladas, 16.583,35 euros en total.

Cada unha das facturas xera os xuros da Lei 3/2004, desde os trinta días da súa emisión e nos termos dos artigos 7 e 9 da dita lei.

Xérase, igualmente, a indemnización por incumprimento.

As custas do procedemento impóñense á demandada.

Modo de impugnación: recurso de apelación, que se interpoñerá ante o tribunal que ditase a resolución que se impugne dentro do prazo de vinte días contados desde o día seguinte ao da notificación daquela.

O devandito recurso carecerá de efectos suspensivos, sen que en ningún caso proceda actuar en sentido contrario ao resolto (artigo 456.2 LAC).

Conforme a disposición adicional décimo quinta da LOPX, para a admisión do recurso deberase acreditar ter constituído, na conta de depósitos e consignacións deste órgano, un depósito de 50 euros, salvo que o recorrente sexa beneficiario de xustiza gratuíta, o Ministerio Fiscal, o Estado, comunidade autónoma, entidade local ou organismo autónomo dependente.

O depósito deberá constituílo ingresando a citada cantidade no Banco Santander na conta deste expediente 1559 0000 e incluír no campo “concepto” a indicación “recurso” seguida do código “02 civil-apelación”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír, tras a conta referida, separada por un espazo a indicación “recurso” seguida do código “02 civil-apelación”.

No caso de que deba realizar outros pagamentos na mesma conta, deberá verificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, e indicar, neste caso, no campo observacións a data da resolución impugnada co formato dd/mm/aaaa.

Así por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

O maxistrado xuíz».

E como consecuencia do ignorado paradoiro da entidade demandada Aluminios Santa Marina, S.L., expídese a presente para que sirva de cédula de notificación.

Ferrol, 17 de febreiro de 2020

O letrado da Administración de xustiza