Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Xoves, 14 de maio de 2020 Páx. 20132

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 9 da Coruña

EDICTO (363/2019).

Eu, Carmen Calvo Alonso, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 9 da Coruña, fago saber que no presente procedemento ordinario, seguido por instancia de Vitogás España, S.A.U. fronte a Castro de Ribalta, S.L., se ditou sentenza, cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentenza nº 23/2020.

A Coruña, 3 de febreiro de 2020.

Vistos por Ana Fernández-Porto Vázquez, maxistrada xuíza en comisión de servizo de reforzo transversal no Xulgado de Primeira Instancia número 9 da Coruña, os presentes autos de xuízo declarativo ordinario, rexistrados baixo o número 363/2019-PÁX. dos deste xulgado, tramitado por instancia do demandante Vitogás España, S.A.U., con domicilio social en El Prat de Llobregat (Barcelona), provisto do código de identificación fiscal número A-81.716706, representado polo procurador dos tribunais José Manuel Jiménez López, coa dirección do avogado Antonio Faixo Martínez, en que foi demandado Castro de Ribalta, S.L., con domicilio social en Cambre (A Coruña), provisto do código de identificación fiscal número B-15.263171, en situación de rebeldía procesual; versa a litis sobre resolución contractual e reclamación de cantidade derivada de relación contractual.

Resolución.

Estimando a demanda promovida en nome e representación de Vitogás España, S.A.U. contra Castro de Ribalta, S.L., debo declarar e declaro resolto o contrato de subministración de gas licuado do petróleo subscrito polas partes con data 6 de febreiro de 2013; a demandante procede á retirada do centro de almacenamento obxecto do contrato, composto por un depósito aéreo de 2,45 m3 sito en Montesalgueiro, nº 4 (A Coruña), logo de deixalo inactivo e clausuralo.

E debo condenar e condeno o demandado a que aboe á parte demandante a cantidade de oito mil oitocentos setenta e sete con cinco euros (8.877,05 €), cantidade que devindicará o xuro legal desde a interpretación xudicial (4 de abril de 2019) e o previsto no artigo 576 da Lei de axuizamento civil contado dende a presente resolución.

Todo iso con expresa imposición á demandada das custas causadas nesta instancia.

Notifíquese a presente resolución ás partes, con indicación de que contra ela pode interpoñerse recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial da Coruña, que deberá formularse por medio de escrito dentro dos vinte días hábiles contados desde o seguinte ao da súa notificación, e que deberá presentarse ante este xulgado, nos termos do artigo 458 da Lei de axuizamento civil.

Así, por esta miña sentenza, que será arquivada no libro de sentenzas deste xulgado, e da que se levará testemuño aos autos, definitivamente xulgando nesta instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E ao estar o dito demandado, Castro de Ribalta, S.L., en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

A Coruña, 5 de febreiro de 2020

A letrada da Administración de xustiza