Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Xoves, 14 de maio de 2020 Páx. 20138

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 22 de abril de 2020, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se conceden as autorizacións administrativas previa e de construción a instalacións eléctricas no concello de Baños de Molgas (expediente IN407A 2020/20-3).

Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e da autorización administrativa de construción das instalacións eléctricas que a seguir se describen, tal e como se recollen no proxecto asinado polo enxeñeiro técnico industrial Antonio Javier Sabín Vázquez, colexiado número 2233 do Coeticor, en Ourense, o día 10.2.2020, quen acredita a súa habilitación e competencia coa correspondente declaración responsable anexa.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A., CIF A-63222533.

Enderezo: A Batundeira, 2, Velle, 32960 Ourense.

Denominación: reforma da LMT SRS805 en Vilariño.

Situación: lugar de Vilariño de Lamamá, concello de Baños de Molgas.

Orzamento: 20.814,82 €.

Características técnicas: reforma da LMT SRS805 (expediente 2563-AT) coa instalación de novo apoio metálico C12/1000 H35-CA/CS (número 82-18), que substitúe a outro de formigón existente, e de novo seccionador SXS, retensando o condutor LA-30 no cantón comprendido entre os apoios números 82-16 e 82-19.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e os regulamentarios previstos no capítulo II, título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais, esta xefatura territorial resolve:

Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción ás devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ao proxecto arriba sinalado e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten de aplicación e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de seis meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución, tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se considere pertinente.

Ourense, 22 de abril de 2020

Santiago Álvarez González
Xefe territorial de Ourense