Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Mércores, 13 de maio de 2020 Páx. 20013

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (DSP 31/2020).

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que mediante resolución ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de Sofía Gloria Solla Pérez, María Carmen Domínguez Serén, Rosa Ana Blanco Santos, Rosa Guillán Sanmiguel, María Dolores Nogueira Rodríguez, Ana Isabel González Diz, María Soledad Varela Torres, Susana Vilas Rodríguez e María Auxilio Romero Bóveda contra Servicios Integrales Dos Andando, S.L., en reclamación por despedimento, rexistrado co número de despedimento/cesamentos en xeral 31/2020, acordouse, en cumprimento do que dispón o artigo 59 da LXS, citar a Servicios Integrales Dos Andando, S.L., en paradoiro ignorado, co fin de que compareza o día 4.6.2020 ás 11.20 e 11.25 horas, na rúa Hortas, s/n, planta 3, edificios dos xulgados, para a realización dos actos de conciliación e, se é o caso, xuízo. Poderá comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada e deberá acudir con todos os medios de proba de que intente valerse, coa advertencia de que é única convocatoria e que os devanditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

En caso de que pretenda comparecer ao acto do xuízo asistido de avogado ou representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou por procurador, porá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes á súa citación para o xuízo, co obxecto de que, unha vez trasladada tal intención ao demandante, poida estar este representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de valerse no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

E para que sirva de citación a Servicios Integrales Dos Andando, S.L., expídese a presente cédula para a súa publicación no DOG e a colocación no taboleiro de anuncios.

Pontevedra, 27 de abril de 2020

A letrada da Administración de xustiza