Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Mércores, 13 de maio de 2020 Páx. 20012

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Redondela

EDICTO (XVB 201/2018).

No procedemento de referencia ditouse a resolución do teor literal seguinte:

Sentenza 21/2020.

Redondela, 29 de xaneiro de 2020.

Vistos por min, Mª del Carmen Bóveda Soto, xuíza substituta deste xulgado, os presentes autos de xuízo verbal tramitados co número 201/2018 por instancia de Ángel Álvarez González, representado pola procuradora María Jesús Toucedo Guisande e asistido pola letrada Nuria Casal Domínguez, contra Roberto Domínguez Rodríguez, en situación procesual de rebeldía, en virtude da potestade que me foi conferida e en nome do rei, procede ditar sentenza.

Resolvo que, estimando a demanda formulada por Ángel Álvarez González contra Roberto Domínguez Rodríguez, debo condenar y condeno a Roberto Domínguez Rodríguez a aboarlle a Ángel Álvarez González a cantidade de 1.865,55 euros en concepto de principal máis os xuros legais desde a interpelación xudicial. Con imposición das custas á parte demandada.

Contra esta sentenza non cabe ningún recurso e declárase firme.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e déixese testemuño nas actuacións, enviando o orixinal ao mazo de sentenzas.

Así o acordo, mando e asino.

Como consecuencia do ignorado paradoiro de Roberto Rodríguez Domínguez, expídese este edicto para que sirva de cédula de notificación.

Redondela, 31 de xaneiro de 2020

O/A letrado/a da Administración de xustiza