Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Luns, 11 de maio de 2020 Páx. 19845

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 13 de abril de 2020, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa de peche de instalacións de distribución de enerxía eléctrica localizadas no concello da Coruña (expediente IN407A 2019/189-1).

Expediente: IN407A 2019/189-1.

Titular/promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación do proxecto: desmontaxe CT Naves Riotorto (15CGCJ).

Termo municipal: A Coruña.

Feitos.

Primeiro. O 5.9.2007, a Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Coruña resolveu outorgar a Unión Fenosa Distribución, S.A. a autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da infraestrutura de distribución de enerxía eléctrica denominada LMT, CT polígono A Grela-Bens. Posteriormente, con data do 11.5.2018 concedeu á citada empresa distribuidora a autorización administrativa de construción do proxecto denominado anexo I LMT, CT polígono A Grela-Bens.

Segundo. Formalizado o procedemento establecido no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, con data do 4.9.2018, a Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Coruña emitiu a autorización de explotación das instalacións indicadas no punto anterior. Ademais dunha serie de actuacións sobre a liña de media tensión aérea DC (GRN-706 (expediente IN407A 2005/119-1)/GRN-708 (expediente IN407A 2004/464-1)) autorizáronse, para a súa posta en servizo, as seguintes instalacións:

– Instalación dun novo centro de transformación (matrícula: 15CGCJ) prefabricado de formigón, compacto de manobra exterior, con transformador de 630 kVA de potencia e relación de transformación 15/0,4-0,23 kV e celas con illamento en SF6 en configuración 3 L+1 P instalado no lugar de Monte Fieiteira (coordenadas UTM, X: 545.411/Y: 4.799.084) no contorno da marxe dereita da estrada AC-552 (dirección entrada á cidade da Coruña) e do polígono industrial da Grela, termo municipal da Coruña.

– Instalación dun treito de liña de media tensión soterrada baixo tubo Ø160 mm, a 15 kV, de 2×34 metros de lonxitude, pertencente á arquitectura da LMT GRN-706, en condutor tipo RHZ1 12/20 kV 3(1×400 mm2 Al), coa orixe e remate no paso aerosubterráneo (PA/S) instalado no novo apoio nº 12 da LMT GRN-706 (coordenadas UTM, X: 545.225/Y: 4.799.013), tras entrar e saír no novo CT instalado.

Terceiro. Con data do 25.6.2019, Julio González García, que actúa en nome e representación de UFD Distribucion Electricidad, S.A. na súa condición de delegado Galicia Norte, presentou ante esta xefatura territorial a escritura de data do 27.9.2018, de elevación a público de acordos sociais sobre cambio de denominación social e modificación de artigo estatutario outorgada ante o notario de Madrid Fernando de la Cámara García, baixo o nº 1.972 do seu protocolo e inscrita no Rexistro Mercantil de Madrid o 9.10.2018 (tomo 30.183, folio 206, sección 8, folla M503809, inscrición ou anotación 104), mediante da que comunica a esta Administración que Unión Fenosa Distribución, S.A. pasa a denominarse UFD Distribución Electricidad, S.A.

Cuarto. Con data do 27.9.2019, UFD Distribucion Electricidad, S.A. solicitou o outorgamento da autorización administrativa de peche definitivo do CT Naves Riotorto (expediente IN407A 2007/153-1/matrícula: 15CGCJ), achegando coa citada solicitude o preceptivo proxecto técnico denominado Desmontaxe CT Naves Riotorto (15CGCJ) subscrito por técnico competente, acompañado da declaración responsable de competencia do técnico proxectista conforme o establecido no anexo XIX do Decreto 51/2011, do 17 de marzo, polo que se actualiza a normativa en materia de seguridade industrial na Comunidade Autónoma de Galicia para a súa adaptación á Directiva 2006/123/CD do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de decembro, relativa aos servizos no mercado interior (DOG nº 65, do 1 de abril de 2011). No punto 4 do proxecto Regulamentación, o técnico proxectista fai constar que se acredita o cumprimento da normativa de aplicación nos termos dispostos no artigo 53.1.b) da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico. Para a tramitación desta solicitude asinóuselle o número de expediente administrativo IN407A 2019/189-1.

Quinto. Con data do 29.10.2019 remitíronse separatas do proxecto ao Concello da Coruña e á Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) pola súa condición de administracións, organismos ou empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral afectados, con bens e dereitos ao seu cargo na tramitación realizada no expediente IN407A 2007/153-1 que rematou co outorgamento da autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da infraestrutura de distribución de enerxía eléctrica denominada LMT, CT polígono A Grela-Bens e da posterior autorización administrativa de construción do proxecto denominado anexo I LMT, CT polígono A Grela-Bens, resultando que:

• Non consta no expediente que o Concello da Coruña teña atendido dentro dos prazos regulamentarios o requirimento de conformidade ou oposición á solicitude feita por UFD Distribución Electricidad, S.A. e, se for o caso, de emisión do condicionado técnico nin á súa reiteración practicados por esta xefatura territorial. Así, de conformidade co disposto no artigo 131.2.b) do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, enténdese a súa conformidade coa solicitude de outorgamento da autorización administrativa previa de peche da instalación.

• UFD Distribución Electricidad, S.A. manifestou a súa conformidade co informe emitido pola AXI o 27.2.2020.

Consideracions legais e técnicas.

1. Normativa de aplicación:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE nº 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE nº 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 (BOE nº 68, do 18 de marzo).

– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23 (BOE nº 139, do 9 de xuño).

– Real decreto 1048/2013, do 27 de decembro, polo que se establece a metodoloxía para o cálculo da retribución da actividade de distribución de enerxía eléctrica (BOE nº 312, do 30 de decembro).

– Lei 21/2013, do 9 de decembro, da Xefatura do Estado, de avaliación ambiental (BOE nº 296, do 11 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, da Consellería de Economía e Industria, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG nº 54, do 19 de marzo).

– Decreto 135/2017, do 28 de decembro, da Consellería de Economía, Emprego e Industria, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía, Emprego e Industria (DOG nº 18, do 25 de xaneiro de 2018).

– Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, da Consellería de Economía, Emprego e Industria, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalación eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 22, do 1 de febreiro).

2. As características máis significativas das instalacións recollidas no proxecto técnico denominado Desmontaxe CT Naves Riotorto (15CGCJ), obxecto da solicitude de outorgamento da autorización administrativa previa de peche, son:

– Desconexión e desmontaxe do equipamento eléctrico do CT Naves Riotorto (expediente IN407A 2007/153-1/matrícula: 15CGCJ), composto polo transformador de 630 kVA de potencia e relación de transformación 15/0,4-0,23 kV e o módulo compacto de celas con illamento en SF6 en configuración 3 L+1 P, que será almacenado para o seu aproveitamento.

– Demolición da envolvente de formigón (coordenadas UTM, X: 545.411/Y: 4.799.084).

– Desconexión e desmantelamento da liña de media tensión soterrada baixo tubo Ø160 mm, a 15 kV, de 2×34 metros de lonxitude, en condutor tipo RHZ1 12/20 kV 3(1×400 mm2 Al), coa orixe e remate no paso aerosubterráneo (PA/S) instalado no novo apoio nº 12 da LMT GRN-706 (coordenadas UTM, X: 545.225/Y: 4.799.013), tras entrar e saír no novo CT instalado.

– Instalación dunha nova arqueta que se vai instalar preto do novo apoio nº 12 da LMT GRN-706 (coordenadas UTM, X: 545.392/Y: 4.799.112) en que se realizarán os empalmes das puntas dos condutores retirados coa finalidade de darlle continuidade á LMT GRN-706.

Orzamento: 3.948,48 €.

3. O artigo 39 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, dispón que o peche definitivo de instalacións de distribución estará sometida, con carácter previo, ao réxime de autorizacións establecido no artigo 53 precisando, polo tanto, autorización administrativa previa.

4. O procedemento de tramitación da solicitude de autorización administrativa previa para o peche definitivo dunha instalación de distribución de enerxía eléctrica axustarase ao disposto no capítulo IV do título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.

5. En virtude do Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, da Consellería de Economía, Emprego e Industria, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalación eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia, e do Decreto 135/2017, do 28 de decembro, da Consellería de Economía, Emprego e Industria, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía, Emprego e Industria, a Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Coruña é o órgano competente para outorgar a autorización administrativa previa de peche definitivo das instalacións de distribución de enerxía eléctrica cando o seu aproveitamento afecte só a Comunidade Autónoma de Galicia e a súa tensión de servizo sexa inferior a 132 kV.

6. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.

De acordo con todo o indicado e de conformidade co título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, propoño:

Conceder a autorización administrativa previa de peche definitivo das instalacións pertencentes á rede de distribución de enerxía eléctrica de UFD Distribucion Electricidad, S.A. de características enriba descritas e que se atopan recollidas no proxecto denominado Desmontaxe CT Naves Riotorto (15CGCJ), coas seguintes consideracións:

– De conformidade co establecido no artigo 138 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, o peche definitivo de instalacións solicitado por UFD Distribución Electricidad, S.A. implicará o seu desmantelamento e, considerando a planificación proposta, disporá para a súa execución do prazo dun (1) mes contado a partir da data de recepción da presente resolución.

– De conformidade co artigo 155 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, o desmantelamento de instalacións de distribución de enerxía eléctrica comporta a extinción da servidume de paso de enerxía eléctrica, de tal xeito que UFD Distribución Electricidad, S.A. deberá comunicar esta circunstancia aos afectados pola dita servidume, se os houber.

– Tal e como dispón o artigo 139 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, o remate das operacións recollidas no protocolo de desconexión e desmantelamento do CT Naves Riotorto e da súa LMTS de alimentación debe ser comunicado a esta xefatura territorial solicitando a preceptiva acta de peche de instalacións, e xuntarase á dita solicitude o certificado do director de obra en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houber, así como da regulamentación e normas que sexan de aplicación como é a do tratamento dos residuos que se poidan xerar.

– Obtida a acta de peche das instalacións, UFD Distribución Electricidad, S.A. ten a obriga de comunicalo á Dirección Xeral de Política Enerxética e Minas e á Comisión Nacional dos Mercados e da Competencia, tal e como dispón o artigo 31 do Real decreto 1048/2013, do 27 de decembro, polo que se establece a metodoloxía para o cálculo da retribución da actividade de distribución de enerxía eléctrica.

– En cumprimento do establecido no artigo 138.3, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, a resolución deberá ser publicada no DOG e no BOP.

– A presente autorización outórgase sen prexuízo doutras que fosen de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial as relativas á ordenación do territorio e o ambiente.

A Coruña, 13 de abril de 2020

Juan José Iglesias Suárez

Xefe de Servizo de Enerxía e Minas

Vista a proposta que antecede, doulle a miña conformidade nos termos expostos elevándoa a resolución.

Notifíquese á sociedade UFD Distribución Electricidad, S.A. a presente resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE nº 236, do 2 de outubro), facéndose constar que non é definitiva en vía administrativa e que poderá interpor recurso de alzada no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación, ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, de acordo co disposto nos artigos 121 e 122 da citada Lei 39/2015, sen prexuízo de que os interesados poidan promover calquera outra acción que consideren pertinente para a defensa dos seus intereses.

A Coruña, 13 de abril de 2020

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña