Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Martes, 5 de maio de 2020 Páx. 19103

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 13 de abril de 2020, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello de Vigo (expediente IN407A 2020/037-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción para a instalación eléctrica que a seguir se describe:

– Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

– Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

– Denominación: nova saída subestación troncal ao CT Estación.

– Situación: Vigo.

– Características técnicas: LMT subterránea a 15 kV con condutor tipo RHZ en catro tramos:

• 115 metros de lonxitude, con orixe na cela da liña de media tensión de saída da subestación troncal e final no empalme que se vai realizar no exterior da subestación troncal.

• 2.093 metros de lonxitude, con orixe no empalme que se vai realizar no exterior da subestación troncal e final no empalme que se vai realizar coa LMTS de alimentación ao conxunto de centros CTC01 do centro comercial Vialia.

• 427 metros de lonxitude, con orixe no empalme que se vai realizar coa LMTS de alimentación ao conxunto de centros CTC01 do centro comercial Vialia e final no empalme que se vai realizar coa LMTS de alimentación ao conxunto de centros CTC02 do centro comercial Vialia.

• 18 metros de lonxitude, con orixe no empalme que se vai realizar coa LMTS de alimentación ao conxunto de centros CTC02 do centro comercial Vialia e final na cela de liña de media tensión do centro de transformación existente Estación TRO723.

As instalacións están situadas na praza da Estación, no concello de Vigo.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico e no capítulo II, título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Resolución da Consellería de Economía e Industria do 19 de febreiro de 2014, pola que aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG nº 54, do 19 de marzo), así como na Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG nº 203, do 25 de outubro), esta xefatura territorial resolve:

Conceder autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción para a devandita instalación, cuxas características se axustarán en toda as súas partes ás que figuran no proxecto de execución, ás condicións técnicas e de seguranza establecidas nos regulamentos de aplicación e ás condicións establecidas nos condicionados dos organismos que constan no expediente.

Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución, conforme o establecido no artigo 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente. Consonte o establecido na disposición adicional terceira do Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, o prazo indicado non se comezará a contar ata a perda de vixencia do referido real decreto ou, se for o caso, das súas prórrogas en relación coa suspensión de prazos administrativos.

Pontevedra, 13 de abril de 2020

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra