Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Martes, 5 de maio de 2020 Páx. 19105

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 17 de abril de 2020 pola que se autoriza a transmisión mortis causa, mediante pacto de mellora, da concesión administrativa e da batea Jumaca IV.

Visto o expediente instruído para os efectos de transmisión da batea Jumaca IV e da concesión administrativa que a ampara, resulta:

a) Antecedentes:

Primeiro. Mediante escrito do 9 de xullo de 2019, José Ramón Lado Lago solicita autorización para transmisión mortis causa mediante pacto de mellora a favor do seu fillo Roberto José Lado Formoso da concesión administrativa e da batea Jumaca IV.

Segundo. O solicitante presenta a documentación requirida para a tramitación deste tipo de procedemento.

b) Consideracións legais e técnicas:

Primeira. Este órgano é competente para resolver o expediente de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG número 243, do 16 de decembro), modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro (DOG número 243, do 15 de decembro), e coa Orde do 8 de setembro de 2017 de delegación de competencias na Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, nas direccións xerais e xefaturas territoriais e na Presidencia do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia.

Segunda. A Lei 2/2006, do 14 de xuño, de dereito civil de Galicia (DOG número 124, do 29 de xuño), nos seus artigos 209 e seguintes, regula os pactos sucesorios como negocios mortis causa e con forma de pactos de apartación ou pactos de mellora.

Terceira. O expediente seguiu todos os trámites establecidos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE número 236, do 2 de outubro), coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG número 228, do 21de novembro), e na Orde de 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións das bateas de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG número 126, do 2 de xullo).

Vistas as disposicións citadas, esta consellería resolve:

Autorizar a transmisión mortis causa, mediante pacto de mellora, a favor de Roberto José Lado Formoso (***8815**), da concesión administrativa e da batea que se indica a continuación:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Jumaca IV.

Situación:

Cuadrícula número: 37.

Polígono: B.

Distrito: Muros (A Coruña).

Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título administrativo habilitante: concesión de actividade.

Orde de outorgamento: 27.5.1974.

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Actuais titulares: José Ramón Lado Lago (***8863**) e Josefa Formoso Sestayo (***1622**).

Novo titular: Roberto José Lado Formoso (***8815**).

O novo titular da concesión administrativa queda subrogado nos dereitos e obrigas dos anteriores.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante a conselleira do Mar ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, que se interporá no prazo de dous meses contados en ambos os casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común nas administracións públicas, e no artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Este prazo comezará a contar desde o día seguinte a aquel en que perda vixencia o Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación da crise sanitaria ocasionada polo COVID-19 e, de ser o caso, as súas prórrogas.

A Coruña, 17 de abril de 2020

A conselleira do Mar
P.D. (Orde do 8.9.2017)
Xefe territorial da Coruña
Por delegación de funcións (Resolución do 6.11.2019)
María José Cancelo Baquero
Xefa do Servizo de Recursos Mariños