Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Martes, 5 de maio de 2020 Páx. 19100

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (DSP 652/2019).

Eu, María Iria Roman Vidarte, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 652/2019 deste xulgado do social, seguido a instancia de Xosé Manuel Noya Señaris contra Eugalimp, S.L. sobre despedimento, se ditou sentenza, cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

Encabezamento:

«Sentenza.

Santiago de Compostela, 31 de marzo de 2020.

Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, tendo visto os presentes autos seguidos neste xulgado co nº 652/2019, sendo parte nel, como demandante/s, Xosé Manuel Noya Señarís, asistido pola letrada señora Rodríguez Enríquez e, como demandado/s Representaciones Eugal, S.L. e Eugalimp, S.L., que non compareceron, malia a súa citación en legal forma, sobre extinción de contrato e reclamación de cantidade, pronunciou esta sentenza, en nome do rei, con base nos seguintes».

Resolución.

«Estímase parcialmente a demanda interposta por José Manuel Noya Señarís, e, en consecuencia:

Declaro extinguida a relación laboral que unía as partes a data da presente resolución por incumprimento grave do empresario.

Condeno a entidade demandada Representacións Eugal, S.L. a que aboe ao demandante a suma de 11.259,96 euros, s.e.o.o. en concepto de indemnización, así como a cantidade de 6.254,83 euros en concepto de salarios e complemento de incapacidade temporal.

Son de aplicación os xuros do 10 % por mora respecto da cantidade de 3.746,51 euros.

Absolvo a Eugalimp, S.L. das pretensións deducidas na súa contra.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Modo de impugnación: advírtese ás partes que contra esta sentenza pode interporse recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, anunciándoo por comparecencia ou por escrito neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á súa notificación e designando letrado ou graduado social colexiado para a súa tramitación. Advírtese ao recorrente que non sexa traballador, habente causa seu ou beneficiario do réxime público de seguridade social, nin gozase do dereito de asistencia xurídica gratuíta, que deberá acreditar ao tempo de interpolo ter ingresado o importe de 300 euros na conta 0049 3569 9200 0500 1274 con nº 5076-0000-65-0652-19, concepto “recursos” do Banco de Santander achegando o xustificante acreditativo. Se a sentenza impugnada condenou ao pagamento dunha cantidade, tamén se debe acreditar ter consignado a dita cantidade na referida conta, no momento do anuncio, salvo polo beneficiario de xustiza gratuíta. Esta consignación en metálico pode substituírse polo aseguramento mediante aval bancario solidario e pagadoiro a primeiro requirimento emitido por unha entidade de crédito. Se o recorrente é entidade xestora e fose condenada ao aboamento dunha prestación de Seguridade Social de pagamento periódico, ao anunciar o recurso deberá acompañar certificación acreditativa de que comeza o seu aboamento e que o proseguirá puntualmente mentres dure a súa tramitación. Se o recorrente for unha empresa ou mutua patronal que fose condenada ao pagamento dunha pensión de Seguridade Social de carácter periódico, deberá ingresar o importe do capital coste na Tesouraría Xeral da Seguridade Social previa determinación por esta do seu importe unha vez que lle sexa comunicada polo xulgado.

Os prazos comezarán a contar unha vez que se alce a suspensión dos prazos procesuais pola autoridade competente.

A difusión do texto desta resolución a partes non interesadas no proceso en que foi ditada só poderá levarse a cabo logo da disociación dos datos de carácter persoal que contivesen e con pleno respecto ao dereito á intimidade, aos dereitos das persoas que requiran un especial deber de tutelar ou á garantía do anonimato das vítimas ou prexuízo, cando proceda. Os datos persoais incluídos nesta resolución non poderán ser cedidos, nin comunicados con fins contrarios ás leis.

Así o acorda, manda e asina Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela».

E para que sirva de notificación en legal forma a Eugalimp, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia».

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 27 de abril de 2020

A letrada da Administración de xustiza