Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Martes, 5 de maio de 2020 Páx. 19099

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 6 da Coruña

EDICTO (PO 702/2019).

Eu, María Mercedes Santos García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 6 da Coruña, fago saber que no procedemento PO 702/2019, seguido por instancia de Jesús Manuel Fidalgo Pérez contra Seguros Costa da Morte, S.L., Reparaciones y Servicios Costa da Morte, S.L., Reformanu Spain, S.L., Norte Asisreparar, S.L., Promociones Cabo Touriñán, S.L., Seguros Barrientos Rodríguez, S.L., Canosa Abogacía Consultoría y Asociados, S.L., Inversiones Berdeogas, S.L. e Inversiones Costafin, S.L., sobre reclamación de salarios, se ditou Sentenza numero 134/2020, do 24 de marzo, en que se estima parcialmente a demanda, e contra a cal cabe interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que se deberá anunciar por comparecencia ou mediante escrito presentado neste xulgado dentro dos cinco días seguintes ao da publicación deste edicto. O texto íntegro da resolución está á disposición dos interesados no propio xulgado.

E para que sirva de notificación en legal forma a Promociones Cabo Touriñán, S.L, Seguros Barrientos Rodríguez, S.L., Canosa Abogacía Consultoría y Asociados, S.L., Inversiones Berdeogas, S.L., Inversiones Costafin, S.L. y Seguros Costa da Morte, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtense os destinatarios de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 24 de abril de 2020

A letrada da Administración de xustiza