Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Martes, 5 de maio de 2020 Páx. 19098

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 6 da Coruña

EDICTO (SSS 785/2019).

Eu, María Mercedes Santos García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 6 da Coruña, fago saber que no procedemento SSS 785/2019, seguido por instancia de Fremap, mutua colaboradora coa Seguridade Social, contra Rayosil Electricidad, S.L., o INSS e a TXSS, sobre reintegro do pagamento de prestacións, se ditou a Sentenza número 124/2020, do 11 de marzo, en que se admite a demanda, contra a cal non cabe interpoñer recurso. O texto íntegro da resolución está á disposición dos interesados no propio xulgado.

E para que sirva de notificación en legal forma a Rayosil Electricidad, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 13 de marzo de 2020

A letrada da Administración de xustiza